Castro de Rei non olvida
01/07/2012 - Cristina Arias / El Progreso (Castro de Rei)
«O pobo de Castro de Rei non se olvida do seu pasado nin dos seus fillos», asegurou o investigador e escritor Ricardo Polín onte na homenaxe que o Concello e diversas asociacións chairegas organizaron na honra de Francisco de Vega Ceide, máis coñecido polo seudónimo das súas letras, Francisco de Fientosa. E razón non lle falta.
Decenas de veciños e veciñas participaron nun acto emotivo «de memoria cultural e histórica» para conmemorar o centenario do nacemento do poeta de Santa Locaia, asasinado en 1936 en Madrid tras o golpe militar franquista ós 24 anos de idade.










