González Peris: ''El principal y mejor ansiolítico que tenemos no es otro que hacer deporte''

O doutor catalán manel González Peris compaxina a súa actividade como médico convencional coa medicina deportiva e a súa presenza no Consejo Superior de Deportes. Ademais, está seguro de que a actividade física é un dos mellores remedios para curar e evitar enfermidades de toda índole.

P ¿Ata que punto cre que o deporte pode axudar?
R
Ata o punto de convencer ás autoridades catalás, tanto dentro do deporte como da sanidade, de que 50 patoloxías podían ser tratadas co deporte como un fármaco máis. 

P ¿Algún exemplo?
R
A hipertensión, a diabetes, o colesterol, enfermidades cardiolóxicas, patoloxías xinecolóxicas, reumas e moitas outras.

P ¿O deporte tamén axuda cos problemas psíquicos?
R
Absolutamente. O principal ansiolítico que temos actualmente no mundo enteiro é o deporte. A maioría de fondistas se non practicasen deporte terían que estar tomando ansiolíticos. Pero tamén axuda en depresións e nas enfermidades neurolóxicas e dexenerativas como o párkinson, a esclerose múltiple... e tamén nas psicolóxicas, sen falar xa das toxicomanías e patoloxías psiquiátricas e incluso de persoas en prisión ou con déficit de atención, entre outras.

P Malia que todos sabemos que o deporte é bo para a saúde, hai moita obesidade infantil. ¿Como se evitaría?
R
Este tema, que é moi grave, sobre todo en Galicia, constitúe un problema porque eses nenos serán adultos obesos e terán patoloxías relacionadas coa obesidade. Nisto tense que involucrar toda a sociedade, non só o sistema sanitario, senón o educativo...

P O punto contrario tampouco debe ser bo: obsesionarse co deporte...
R
O deporte, cando empezas a practicalo e ves que melloras, é aditivo e pode sobrepasarte. Hai que vixilar sobre todo  persoas que fan deporte competitivo non controlado para evitar riscos e problemas a nivel social.

Comentarios