Un preso condenado por asasinato ataca en Bonxe a outro interno cun obxecto punzante


Etiquetas: suceso, interno, Bonxe, ataca, asasinato, condenado, preso

03/07/2012 - P.V. / El Progreso (Lugo)

Un interno do cárcere de Bonxe que cumpre condena por asasinato, José Rubén L.G., terá que responder ante a Xustiza por atacar supostamente a outro preso cun obxecto punzante.

O escrito de acusación do ministerio fiscal explica que a agresión se produciu hai case un ano -sobre as cinco menos cuarto da tarde do 14 de agosto de 2011-, cando o acusado entrou na cafetería da prisión e achegouse a outro reo, que tiña asignadas funcións nese departamento.

O acusado, que ao parecer tivera desavinzas con ese interno, achegouse a el con rapidez e propinoulle diversos golpes cun obxecto punzante. Segundo o fiscal, actuou «sen mediar palabra» e «con ánimo de menoscabar a integridade física» do seu compañeiro. De feito, se ensañó con el e cravoulle a arma varias veces, ata que os funcionarios lograron reducilo e evitar un desenlace tráxico.

Consiga AQUÍ a información completa

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.




Fotos

O acusado, onte en Lugo. (Foto: EP)
O acusado, onte en Lugo. (Foto: EP)