Ter un fillo é un luxo


Etiquetas: Juan Antonio Pinto Antón, crise, maternidad

12/07/2012 - Juan Antonio Pinto Antón

Ter un fillo non pode ser un luxo que unha familia traballadora non se poida permitir, di Marina Subirachs. E dicíao antes desta crise onde os depredadores arrasan as paisaxes humanas. Así que seres con tanto sentidiño común como as mulleres decidiron ter fillos con contagotas. O sexo xa foi usado contra a guerra, como lemos en Lisístrata. Agora volve a ser un arma contra a barbarie dun modelo económico paradigma da crueldade.

Hoxe, a idade media da maternidade elévase ata os 31,43 anos. Cunha boa razón: ter fillos é caro. E a tendencia vai a peor: maternidade cada vez máis tardía, menos fillos por muller. Menos nenos. En Galicia, no furgón de cola de tantos indicadores, aquí somos os primeiros: o número de nacementos cae un 1,6% mentres o dos falecidos sube ata 2,8%. En 2011, 30598 fallecidos por 21691 nacidos: 8907 menos. Cada día abandonan a terra vinte e cinco galegos e o seu posto é ocupado por xestas e xabarils. A demografía galega é una bomba de reloxería onde petan os últimos segundos. Sen novidades en San Caetano. Sen noticias no Pazo do Hórreo.

Mirando indicadores de natalidade, en 1976 era de 2,8 fillos por muller. Hoxe, 1,4. A paisaxe é desoladora: parellas sen fillos, ou como moito fillo único. En Galicia, a palabra irmán está a piques de desaparecer do vocabulario familiar. Por un momento, pareceu que as inmigrantes termaban da demografía do país. Un espellismo. A crise aféctalles con máis dureza e o seu comportamento reproductivo aseméllase ao resto das mulleres. Como ter fillos se non tes casa? Como fundar unha familia se che negan o dereito sagrado ao traballo? Como ter fillos se os mellor formados foxen do país? As cativiñas axudas á natalidade foron varridas polos ventos da crise. A familia que terma con todo, é machacada por políticos miopes que din defendela. Neste senso, a desaparición de programas modélicos que tanto fixeron pola parentalidade positiva como Preescolar na Casa foron liquidados empobrecendo máis o rural. E iso xa non é miopía: é cegueira.

Toda política que emana dos responsables educativos é suprimir aulas, amorear cativos trasladándoos como gando das escolas rurais ás vilas. Estas políticas non falan a linguaxe humana das persoas senón a dos grandes agregados macroeconómicos. Algo incomprensible, por exemplo, para as heroicas nais de Cervantes, Samos, O Incio e Navia que loitan para que os fillos teñan futuro na súa terra.

Así nos vai. A pirámide demográfica galega semella unha buxaina que xira atolada camino de ningures. El Roto, filósofo de viñetas, explícao poñendo en boca dun político neoliberal: «Da gardería á penintenciaría, e aforrámonos a educación». A educación dos fillos que non naceron porque en Galicia era un luxo que non nos podíamos permitir.

5'0 (28 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



4 comentarios

comentarios_interesa guía de comentarios.


#4 Por FalcaodeLugo 13-07-2012 17:07

Normal

As miradas dos políticos non dan para máis: cegueira ou visión dunha realidade irreal coma a da película Spiderman 4. Habería que mercarlles gafas. O triángulo que forman Lugo, Ourense e Zamora marca unha das zonas máis despoboadas. Que facemos? Pois nada, ..., recortar servizos como Preescolar na Casa. Ter hoxe un fillo ou unha filla é cousa de valentes, de descerebrados ou de xente co peto ben cheo. Como para pedir que teñan máis dun...


#3 Por Santoro 13-07-2012 13:02

Normal

Non se me ocurre outra cousa despois de ler o seu artigo que tratar de parar esta política e este modelo económico suicida. Ten moita razón que abonda con pasear pola calles de Lugo para ver que por cada neno temos varios vellos e así non é posible seguir nin o opaís ten futuro ningún. Un saúdo e a miña noraboa.


#2 Por Chadiano 13-07-2012 12:01

Normal

Ten toda a razón a aínda máis, amigo. A zona rural está condenada, que llelo pregunten aos habitantes da Montaña luguesa. ¿Que vai ter fillos neste país se ata os 40 anos hai que vivir na casa dos pais? ¿Quen vai ter fillos se todo son recortes para os bancos e os ricos mentres o país se desangra co paro? ¿Quen vai ter fillos se os nosos marchan fóra? ¡Que os teña Feijóo, que ten cartos, un posto de traballo blindado e non ten fillos!


#1 Por Salas 13-07-2012 11:22

Normal

Hay que creer en el futuro, a pesar de todo seguiremos teneinedo hijos, de lo contraio nos cortaríamos las venas, ¿o no?


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html