Perdón e responsabilidade


Etiquetas: Novagalicia Banco, perdón, erros, caixas, aforro, Francisco Sineiro

17/07/2012 - Francisco Sineiro

Os dous principais executivos de Novagalicia Banco teñen pedido perdón polos erros na xestión das antigas caixas de aforro, nun xesto que persoalmente lles honra pero que é insuficiente. Non vai chegar con pedir perdón, senón que é necesario esixir responsabilidades ante a magnitude dos problemas causados, que afectan á supervivencia da propia entidade e polos danos provocados aos seus depositantes e aos beneficiarios da súa obra social que pode quedar sen recursos no futuro.

A falta de esixencia de responsabilidades empresariais, políticas e no seu caso penais está a ser un dos problemas básicos na actual crise económica, pero tamén política e moral que estamos a sufrir. Por iso compre coñecer as posibles actuacións ou decisións irregulares ou mesmo fraudulentas que levaron ás caixas á actual situación, as autorizacións a indemnizacións escandalosas que recibiron un grupo de altos executivos antes e despois da súa fusión, e a posible comercialización fraudulenta e enganosa das preferentes a unha parte dos seus clientes.

A petición de perdón foi un xesto insólito, que foi amplamente recollido nos medios e tivo éxito como campaña publicitaria. Pero pode non chegar con colaborar coa xustiza, senón que pode requirir un comportamento máis activo, enviando á xustiza a documentación de anteriores operacións irregulares.

O verdadeiro éxito de campaña é a recuperación da confianza perdida, que permita crer no decálogo de intencións dos novos responsables. A maior parte das liñas de comportamento para o futuro que avanzaron os actuais directivos son atractivas e razoables. Con todo non deixa de ser curioso que se presente como unha novidade os comportamentos que nunca deberían esquecerse nas antigas caixas: a venda de produtos sinxelos e fáciles de entender, a austeridade e transparencia nas retribucións, o apoio ás empresas galegas e a creación de emprego, a atención ás familias e financiamento dos seus proxectos, ou a redución das comisións. Este decálogo de intencións soa ben pero é posible que non prospere senón vai acompañado de actuacións máis decididas, ao caer no actual clima de desconfianza. Segundo os resultados dunha recente enquisa unha maioría de cidadáns cre que as medidas anunciadas teñen por obxectivo a supervivencia do sistema financeiro antes que a resolución dos problemas da sociedade. Esta desconfianza dos cidadáns nas institucións non só é un problema na actual situación de crise, senón tamén para a súa superación.

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html