Parece que por fin coas accións coordinadas entre as principais economías mundiais deste fin semán vaise a acadar a base de confianza mínima para que o mercado financeiro comece unha certa recuperación. Ainda que a situación segue a ser delicada parece que vai ser así e agardo que non ocorra como hai quince días cando na tarde do luns escribía o meu artigo sobre o acordo do plan americano, que se daba por aprobado e tan só unhas horas despois quedaba frustado.
As bases dos acordos e compromisos deste fin de semán parecen recoller unha boa resposta inicial nas aperturas das bolsas de hoxe luns. Pero hai que ter en conta tamén que teñen que superar unha fase delicada como é a do seu desenvolvemento concreto, e a resposta nas próximas semáns dos principais mercados e dos cidadáns.
Os acordos dos xefes de goberno dos Países da Unión Europea integrados no euro e de Gran Bretaña representan un plan de medidas que tratan de superar as propias limitacións existentes neste ámbeto na Unión Europea. E son boas as medidas tomadas polo noso goberno na semana pasada e as aprobadas no Consello de Ministros de hoxe. E agardo que sirvan para ir normalizando a situación.
Pero os cidadáns non entenderíamos que non se lle esixiran responsabilidads aos grandes culpables desta situación. Por agora este asunto nonos afecta directamente, ao non haber polo momento nengunha empresa española incluida, ainda que somos perxudicados indirectos das irresponsabilidades cometidas polos altos executivos das grandes entidades financeiras, sobre todo americanas, que a provocaron.
Os acordos tomados para superar a crise quedarían coxos, senón se realizan os cambios necesarios na regulación do sistema financeiro para evitar crises similares no futuro e tamén se non se esixiran responsabilidades a certas conductas irresponsabeis dalgúns executivos destas grandes empresas.
Estas son as demandas pedidas por miles de cidadáns americanos que se poden ler en Internet. De cidadáns enoxados ao ver que algúns destes executivos poden sair da crise con elevadas compensacións no caso do seu despedimento. De cidadáns escandalizados por alguns casos de abusos que se van coñecendo, como poden ser o reparto dun elevado importe en primas para os directivos do banco quebrado de Lehman Brothers, e as estancias en grandes hoteis nas últimas semans por parte da aseguradora AIG e do banco Fortis, dúas das empresas protagonistas desta crise.
Por eso as medidas establecidas están ben, pero tamén hai que establcer sistemas axeitados de regulación no mercado financeiro e esixir as responsabilidades debidas ás conductas irresponsabeis.
14/10/2008