Fátima Rodríguez Moreda: ''Hay que ser fuerte y tener apoyo para salir de la violencia de género''

Fátima Rodríguez Moreda (Foto:C. PÉREZ)
Fátima Rodríguez Moreda (Foto:C. PÉREZ)

Abadín conta cun Punto de Información á Muller (PIM) dependente do CIM mindoniense, a través do que os veciños teñen ao seu dispor unha psicóloga e agora tamén un servizo de asesoría xurídica do que se responsabiliza a avogada focense Fátima Rodríguez Moreda.

fÁTIMA RODRÍGUEZ Moreda chegou a avogacía case por casualidade. Súa irmá Mercedes tiña un despacho en Foz e animouna a probar unha vez rematada a carreira de Dereito, un pulo sen o que «non sei se me tería atrevido a exercer». Máis claro tivo cara a onde quería encamiñar o seu traballo, e non dubidou en optar á praza de asesora xurídica no Centro de Atención á Muller (CIM) de Mondoñedo, no que leva oito anos, dende pouco despois da súa apertura no 2004. Entre as súas funcións inclúense os labores de asesoría que está a realizar para todos os veciños de Abadín.

Cal é a función do CIM en Abadín?

Aquí, igual que en Lourenzá, hai un Punto de Información á Muller dependente do CIM. O noso cometido é ofrecer un servizo de atención integral á muller, non só as vítimas de violencia de xénero, dende o punto de vista social, xurídico e psicolóxico. Estamos abertos a toda a poboación, independentemente do xénero ou da idade, xa que temos homes usuarios e hai actividades ás que tamén veñen. A través do PIM, a psicóloga vén a Abadín unha vez a semana e constatouse tamén a demanda de asesoramento xurídico.

Como naceron estas consultas?

A raíz dunha charla, que tivo unha resposta incrible, para ser unha poboación envellecida e dispersa. Asistiron unhas 40 persoas, a xente quedou contenta e pediuse este servizo.

En que consiste?

Todo o que teña que ver co asesoramento xurídico. Eu acudo unha vez ao mes ao colexio de Moncelos e, como son só tres horas, recoméndase pedir cita antes. Plantéxanme a cuestión e, se se pode, resólvese no momento, senón dáse unha orientación sobre como se pode facer. As nosas funcións son moi limitadas para evitar a competencia desleal. Só se nos permite intervir en casos de violencia de xénero, como acompañar a vítima para denunciar.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios