MÚSICA CON PEDRIGRÍ

Kepa junquera e Quempallou, man a man en pardiñas


Etiquetas: Kepa junquera, Quempallou, Festival, Pardiñas

05/08/2012 - Cristina Pérez / El Progreso (Lugo)

DIN OS De Quempallou que «é sempre un pracer e unha honra» tocar en Pardiñas, por tratarse «dun dos festivais máis significativos do país, que se mantén no tempo cun ambiente excepcional».

E ben entrada a noite, os milleiros de ánimas que sempre se deixan caer por este recuncho de Guitiriz a primeira fin de semana de agosto viviron un momento irrepetible, unha actuación conxunta de Quempallou, que subía ó escenario para presentar o seu novo traballo discográfico, o xornal musical ‘Vellas novas’, con outro ‘repetidor’ da cita chairega dende un xa afastado 1993, o vasco Kepa Junquera, quen xa se encargara de transmitirlles a todos os presentes o espírito do seu último disco, ‘Ipar haizea’.

Os chairegos Bloquinho de Xermolos e Milesios, Coetus & Eliseo Parra e Os Cuchufellos completaron o capítulo de actuacións nesta primeira xornada, na que tamén se viviu a emotiva inauguración da XIX Mostra de Instrumentos da Música Tradicional, que a Asociación de Gaiteiros Galegos quixo dedicar ó recordo do finado Xosé Manuel Seivane, un dos precursores da entidade e pregoeiro dunha das primeiras citas, por terlle dedicado «toda a vida á dignificación da gaita e da música tradicional», segundo precisou Xaneco Tubío.

Consiga AQUÍ la información completa

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos