Xermolos edita o primeiro poemario de Anxo Lamas


Etiquetas: Xermolos, poemario, Anxo Lamas

16/08/2012 - Cristina Pérez / El Progreso (Castro de Rei)

A asociación cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María veñen de publicar a obra ‘Tebras’, un poemario de carácter autobiográfico que supón o debut literario do polifacético artista chairego Anxo Lamas.

O escultor e pintor de Bazar, agora tamén escritor, recolle nesta publicación un total de 60 poemas, ilustrados con candaseu debuxo, nos que reflicte diversos aspectos da súa vida. «O título ‘Tebras’ fai referencia a que a miña vida non foi un camiño de rosas», explica Lamas, quen quedou orfo de pequeno e tivo que facerlle fronte á enfermidade en máis dunha ocasión.

O libro, prologado polo mestre e escritor da Ponte de Outeiro Xosé Otero Canto, comeza cun soneto dedicado ás vacas, un animal ó que Anxo Lamas lle ten «un cariño inmenso, porque eramos cinco irmáns e saímos adiante grazas ó leite de dúas vacas que tiñamos» e remata cun dos textos máis significativos para el, o soneto ‘Dixéronme, naiciña’, dedicado á súa nai.

Consiga AQUÍ la información completa

4'8 (4 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



3 comentarios

comentarios_interesa guía de comentarios.


#3 Por opitarios 30-08-2012 09:48

Normal

Anxo Lamas es un personaje emblemático de la cultura chairega.Hospitalario donde los haya y que disfruta explicando su obra a todo el que tenga la curiosidad de acercarse a conocerla. Un genio!!


#2 Por cha 23-08-2012 03:20

Normal

Otro fig


#1 Por LasMadrilenas 21-08-2012 19:27

Normal

Gran persona Anxo te recibe en su casa sin prisas y te explica todas sus creaciones. Un artista de Bazar con gran ingenio.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos

Anxo Lamas. (Foto: AEP)
Anxo Lamas. (Foto: AEP)