Pola necesaria negociación dos prezos do leite

Datos de interés

  • Viernes 09.01.2009

Pola necesaria negociación dos prezos do leite


Etiquetas: Francisco Sineiro, precios, leche

Francisco Sineiro.

XA TEÑO escrito outra vez en El Progreso sobre a necesidade dunha negociación dos prezos do leite. Daquela crín que as negociacións ían chegar a bo porto. De feito se estableceron acordos de base tanto en Madrid como en Santiago, actuando o Ministerio de Agricultura e a Consellería do Medio Rural como intermediarios.

Desgraciadamente máis de seis meses despois parecen naufragar as bases deses acordos sobre un modelo de recibo e uns contratos de compra venda do leite.

Sigo pensando que non queda outro camiño que a negociación e o acordo entre as dúas partes de representantes dos gandeiros e das industrias. Que este é o modo normal de entenderse e levar as relacións en calqueira outro sector da actividade económica, na que sindicatos e confederación de empresarios negocian e chegan a acordos, que despois serven de guía e son aplicados nas empresas concretas. Tamén é o modo normal de entenderse entre produtores e industrias que recollen o leite noutros países europeos, con negociacións e acordos que nuns tempos son máis doados e noutros máis difíciles.

A situación actual do mercado do leite é complexa. Despois dunha forte elevación o ano pasado, os prezos dos produtos lácteos tiveron baixas importantes tanto no mercado internacional como no Europeo, que hai que ter en conta. Pero esto non debe pechar as portas a un acordo. Cada parte ten as súas responsabilidades e as Administracións tamén, a de velar porque existan unhas relacións normais e razoables entre as partes.

Sigo pensando que o nivel de desenvolvemento acadado no sector lácteo tanto pola parte dos gandeiros como polas industrias non se corresponde coa situación anormal, mesmo anacrónica de ir entregando o leite do mes descoñecendo o seu prezo ata percibir o seu cobro a mediados do mes seguinte.

Ten que haber unha negociación e uns acordos de prezos entre as partes que sirvan como recomendacións de prezos e que a súa variación quede ligada a diversas variabeis acordadas como poden ser a evolución dos prezos dos produtos lácteos, tanto no mercado español como na Unión Europea.

Estes acordos necesarios e pedidos desde hai anos teñen nos tempos que vivimos máis urxencia e vívense con máis desacougo polas importantes subas ás que tiveron que facer fronte os gandeiros nos pensos, nos fertilizantes, no gasóleo e noutros produtos, mentres viron primeiro subir e logo baixar o prezo do leite nun curto período de tempo.

Aposto pois polos acordos que senten as bases dunhas relacións máis normalizadas entre as partes e que axuden a superar alomenos parte das incertezas que nos trae a actual situación económica.

11/11/2008

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso