'Eppur, si muove'

Datos de interés

  • Viernes 09.01.2009

MIRA LUGO / Xoves

'Eppur, si muove'


Etiquetas: Xosé Manuel González, Mira Lugo, cuestión de confianza, presupuestos

Xosé Manuel González.

Fáiseme notable o caso do PP en Lugo. No 1999, perdendo a alcaldía, entrou nunha situación entre o convulso e o estuporado; permaneceu así todo o mandato, exceptuando efémeras mostras de oficio a cargo de Ramón Arias. O 2003 ampliou o tamaño da derrota, abandonaron varias estrelas e o mérito de dous obreiros mantivo algo de ton durante o penoso cuadrienio que seguiu. Co sucesivo desaloxo institucional (Madrid, Santiago), apareceron na campaña do 2007 escasos de carteis e agoirando calamidade. Pero, contra todo prognóstico e inquérito, aumentaron en votos.

Ano e pico máis tarde, confírmase algunha das peores evidencias. O líder teórico do PP local mantén certa imaxe, pero estima moito máis ser deputado ca edil e non figura alternativa crible para alcalde; a número dous da candidatura, teórica merla branca de
reclamo académico e ilustrado, percorre a lexislatura tan inadvertida como percorreu a campaña; Barreiro non suple os ocos de García e un non sabe moi ben cal é o seu perfil; das laboriosas abelliñas doutrora, Castiñeira loce máis en Compostela e Rozas comparece menos; constitúen aínda incógnita e promesa a maior parte dos novos valores.

E... con todo, o ambiente murmura unha recuperación política parella ao suave devalo do adversario principal. Suxírena os sucesivos comicios e algunha voz que presaxia.

Díxose que o apoio ao organigrama municipal viña da difícil situación económica partidaria, e a comenencia de acadar ingreso por vía de liberacións e salarios públicos; o si ao orzamento do ano pasado foi mal comprendido na propia casa, e unha aura de insatisfacción cobrou corpo e forma en columna periodística. Pero esta semana o PP ten revalorizada a súa posición luguesa. E iso polo brinde ao sol dunha avispada, politicamente impecable proposta barreirá.

Era obvia a dificultade para a moción de censura. Está moi presente aínda quen mentiu cando o Prestige, o escándalo clientelar no fraguismo e cacharrismo, o carácter dun grupo incapaz tan sequera de criticar abertamente o franquismo ou manter consenso e claridade en política lingüística. Pero tocaban cifras para Lugo, e en ningunha parte está escrito que PP e BNG non poidan falar sobre as de Orozco.

Moveu o primeiro habilmente a pelota; fuxiu torpemente o segundo, coma ao lume, na peor antítese á seda e estratexia dos seus mellores momentos e expoñentes locais ou nacionais. Consecuencia: o Bloque perdeu en matiz e suxestión.

E o PP repola, malia as súas miserias. Que non son poucas.

13/11/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre






Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso