O imperio dos idiotas

Datos de interés

  • Viernes 09.01.2009

O imperio dos idiotas


Etiquetas: Juan Antonio Pinto Antón, Lugo, vandalismo

Juan Antonio Pinto Antón.

A democracia é tan nova que apenas tivemos tempo de apreciar o seu valor. Coñecemos ben os privilexios que nos regala. Rexeitamos as súas imposicións. Vivimos comodamente nunha democracia de banda ancha. Como debe ser. Como debería ser se unha serie de normas e límites encarrilara a convivencia.

Sen límites autoimpostos, sen normas impostas e obrigadas a cumprir, unha inmensa minoría impón a súa lei: a lei do máis forte, a lei da selva, a lei dos matóns. Esa lei resúmese facilmente nunha soa frase: “Fago o que quero, porque quero, onde quero e porque me da a gana”.

Os resultados son facilmente visibles na cidade. As seis árbores mártires de Bispo Aguirre coas polas esgazadas. Os centos de pintadas impunes que dan ás rúas e edificios de Lugo un aspecto sucio e cotroso, mesmo as casas que foron rehabilitados con tanto gusto e tantísimos cartos públicos no Lugo intramuros. As papeleiras rebentadas a couces. O botellón da nosa desgraza que exaspera cada fin de semana ós moradores da zona do Parque de Rosalía. O adarve da Muralla Patrimonio da Humanidade que soporta cada fin de semana agresións intolerables para a veciñanza e para a cultura. O mobiliario urbano. E os tesouriños ecolóxicos que perviven na cidade.

Pódense ver, deambulando polas rúas, auténticos buratos negros cerebrais, berrando como energúmenos, mexando nos muros, ou a mil por hora preguntándose a gargalladas que carallo significan as letras de Stop nos cruces, coa música a todo volume nas madrugadas de viño e rosas da cidade bimilenaria. Con total e absoluta impunidade: os
pais dormen e a Policía non está de garda.

Esa cousa tan dura e esixente chamada liberdade, a participación cidadá, o respecto ó outro, a boa educación, o poñerse no lugar do outro, a cortesía... en fin esas miudezas, foron desaparecendo irremediablemente das nosas relacións. Unha mágoa: eran ben baratas e facían infinitamente doada e agradable a convivencia.

A dura disciplina do medo, de tempos felizmente pasados, non atopa substituto adecuado na democracia. Pero a disciplina, o respecto a autoridade, a arte de vivir convivindo son valores esenciais en toda democracia máis aló dos discursos progresistas e  conservadores.

Pero estamos onde estamos, e temos o que temos. Os pais botan a culpa —con toda a razón do mundo— ós políticos e á sociedade. E os gobernos —cargados de razón— piden responsabilidades á escola e ós mestres. Profesoras e profesores —con máis razón que santos— din que a educación dos fillos é cousa da familias. E nais e pais, sobrepasados por pequenos bardallas con complexo de embigo, xogan á oca botando a culpa á sociedade e ós gobernantes. E mentres a roda xira e xira, o tempo vai pasando para os nosos rapaces ben comidos e mellor vestidos. Algúns deles, mimados e maleducados, maltratados por sobreprotección, medran e crecen sen normas e sen límites.

Así andamos, con trinta anos xa de democracia no lombo. Se fóra por leis, temos bibliotecas enteiras que non son capaces de termar da abondosa sementeira lexislativa. E temos hemiciclos políticos lexislando nas dezasete esquinas do mapa. Pero a cidade, os cidadáns e as cidadás sobreviven como poden baixo o imperio dos idiotas.

13/11/2008

4'2 (10 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



5 comentarios

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por Marianov 14-11-2008 13:43

Normal

Chapeau!, Sr. Pinto. Felitacións por tan magnífico artigo. Non podo estar máis de acordo. ¿non escoitou vostede páis xustificando o inxustificable con un "é que se xuntou con malas compañías"? ¡como se os nosos "nenes" non fosen "compañía"! Noraboa por tan lúcida análise.


#2 Por Biblos 15-11-2008 11:16

Normal

Yo también estoy de acuerdo con el artículo.
En algún momento me parece que puede rozar la demagogia culpando a un colectivo, la juventud, donde hay de todo. Pero el sector mayoritario es sano.
Salvo esta matización, me parece excelente.
Y una constatación: la degradación de la ciudad es paralela al absentismo escandaloso, tramposo y culpable de poa policía local.
Aunque creo que la mayor cuota de irresponsabilidad corresponde a los sindicatos policiales que se están comportando de una manera amarillista, y a los políticos incapaces de encontrar una solución.
Saludos


#3 Por Caledon 15-11-2008 12:05

Normal

Gustoume o artigo. Pero eu non botaría tanto a culpa á policía. Non son eles os que teñen que resolver os problemas educativos dos fillos: son os pais.
Hai moito irresponsable solto que non se preocupa dos fillos e logo pasa o que estamos a ver. Certamente se as familias funcionaran como es debido, a policía tería menos traballo.
Iso non quere dicir que a policía local de Lugo teña que ser máis activa e comprometida coa cidade.


#4 Por Plaza 15-11-2008 14:15

Normal

Vamos a ver. Creo que la mayoría de padres se preocupa de sus hijos. Pero los hay que ya son mayorcitos de edad y deben ser responsables de sus actos.
Y si como recoge el artículo hay una minoría de idiotas que no tienen freno y sus padres no pueden ya con ellos, el resto de la sociedad no tenemos por qué sufrir sus cafradas.
Y creo que es cierto que desde que la policía municipal de Lugo ha desaparecido de la ciudad, la están ocupando minorías de gamberros deteriorándola gravemente. Eso lo vemos todos cada día.


#5 Por Bilbo 18-11-2008 18:44

Normal

Me gustan muchisimo tus articulos y los espero con impaciencia todos los jueves.Estoy totalmente de acuerdo con tu opinión de que los padres somos los que tenemos que educar, esa la base de la convivencia: LA EDUCACION Y EL RESPETO


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso