Voulles contar algo do mel

Datos de interés

  • Viernes 09.01.2009

A TECELÁ EN OUTONO

Voulles contar algo do mel


Etiquetas: A tecelá en outono, crash 08, Marica Campo

Marica Campo.

ESTES días vénseme á cabeza con moita frecuencia un verso dun poema de Evgueni Evtuchenko: Eles sempre se porán de acordo. Non sei por onde andará agora este home nado en Siberia en 1933. Poeta épico-lírico, a súa obra está marcada polas peripecias da Segunda Guerra mundial, cuxas consecuencias padeceu, e mais polos diversos avatares políticos da Unión Soviética. Polémico no seu país e alén del, foi moi crítico con Stalin a quen atacou no libro Os herdeiros de Stalin (1962). En 1969 expulsárono do diario en que era redactor por manter unha discusión ideolóxica coa prensa oficial e por se manifestar en contra da invasión de Checoslovaquia. Andou por Madrid tras conseguir un visado por intervención de Fraga e debeu de pasar tamén bastante tempo polo Caribe. De alí proceden a maioría dos seus detractores actuais, supoño que por se afastar do comunismo soviético do que fora propagandista. Mesmo se lle reprocha que en vida de Stalin a súa obra non fose tan combativa, a esquecer que, cando morreu o ditador, Evtuchenko só tiña vinte anos. En todo caso, sempre foi un poeta solidario. E vou co poema e o motivo que mo fai recordar.

Comeza así: "Voulles contar algo do mel” e conta como no frío inverno de 1941 (é o da invasión nazi) a poboación famenta de Chistopol, da república de Kazakhstán, facía cola nun mercado cuberto pola neve para mercarlle mel a un home que chegara cun tonel enorme. Non cobraba en cartos, senón en pertenzas que examinaba coidadosamente. A ringleira avanzaba lenta. Un pintor vello desamalloaba os zapatos ao mesmo tempo que lle tendía unha botella ao comerciante. Unha nena achegáballe unha copa diminuta cun anel da nai no fondo. De súpeto chegou un trineo enfeitado de rosas do que baixou un home impoñente. O home dirixiuse ao dono do mel e pediulle que lle dera o tonel, que xa se porían de acordo despois.

"Eles sempre se porán de acordo" —escribe o poeta. Marcharon xuntos e o anel da nena caeu no suco que deixaba o trineo. E remata evocando ao comerciante, que aínda vive, e do que asegura referíndose aos bigotes: "Xamais os poderá limpar de mel, sempre lle escoará dos bigotes".

Tamén se han poñer de acordo os do Cumio Económico de Washington. O obxectivo confesado no primeiro momento foi o de ‘refundar’ o capitalismo. Agora virán con eufemismos, pero o conto ha ser o mesmo. O capital ou o mel, tanto ten, non van ser cuestionados. Tratarase de lle buscar esteos para que siga en pé ou a cabalo, a galgar triunfante sobre o mundo cal corcel de Atila. Outro galo cantaría se estivesen tamén alí, en pé de igualdade, os países do Terceiro e Cuarto Mundo. Daquela habían de falar menos da Bolsa e da especulación e terían que escoitar palabras como “fame”, “zapatos”, “casa”, “dignidade”, “xustiza” ou “paz”. Mais non van estar. O tonel de mel ha ser dos mesmos e os outros seguirán, coma sempre, na ringleira.

14/11/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso