O quinto pino

Datos de interés

  • Sábado 10.01.2009

MIRA LUGO / Venres

O quinto pino


Etiquetas: Pilar Pin, Mira Lugo, árboles

Pilar Pin.

Decímolo para expresar algo que cadra lonxe e fora do contexto. Pero hoxe non me referiro ao quinto pino como lonxanía dun lugar, senon dunha árbore que xa non ocupa ningún lugar.
A derradeira fin de semana paseando pola Avenida da Coruña cara ao alto de Garabolos, cando de repente sentín un baleiro na paisaxe, sen chegar a identificar con craridade o que votaba a faltar, ata que me deron os ollos co corpo do delito: Cortados e tirados os tarocos do tronco do inmenso pino que durante anos ameazaba con plantarse el soiño no medio da Avenida da Coruña  a altura da saída de Angelo Colocci.

Resistiu temporais, terremotos, secas e xeadas, fachendoso de estar no medio da urbe. Cando maís se ufanou da sua condición, debeu ser daquela que se fixo entrega por parte do Estado da Avenida da Coruña como travesía ao Concello de Lugo. Con tal motivo procedeuse ao seu arranxo e remodelación.

O acordo de remodelación fíxose as presas, a verdade é que non quedaba  outra, ou se facía ou quedaba para endexamáis

Co trazado fíxose sen marxen de tempo, ni de recursos presupostarios para abordar algunha que outra expropiación, que permitise axeitalo proxecto ás necesidades do territorio e da zona

Aquelo convertiuse en todo un pesadelo para os veciños. Naquelas obras, non sabíamos si o que se abrían eran zanxas ou trincheiras, si se poñían veirarrúas ou heliportos. E o pino alleo a todo, no meio do lameiral cheo de maquinaria, operarios, tubos, ruxidos, averias varias, inundacións, cortes de tráfico, de auga, de electricidade. E o pino sen inmutarse. De cando en vez, parecia que se abaneaba decindo que xa cambiarían o trazado para que el poidera seguir a enseñorearse naquela paisaxe.

Eu que chorei polos paulonios da Praza do Ferrol, e polos castiñeiros de indias do antigo campo da feira, polos negrillos da Praza Maior, sen embargo este pino enchíame de carraxe.

Ata que un dia comprendín que a culpa non a tiña o pino, senon que era unha metáfora vexetal de como somos nesta cidade. Destruímos especies catalogadas que son patrimonio natural,  como os paulonios, sin inmutarnos  e de paso desbaratamos todo un barrio de alfareiros da época romana  no que chantaban as sús sanas raíces, mentres que indultamos un pino feo, largueiran e fora de lugar sin que ninguén o revindique.

O pino respetouse como un monumento, apenas se deixou veirarrua no seu arredor, non fora ser que deixase de bater nas fiestras do quinto piso do edificio do lado.

O quinto pino na  planificación urbanística.

14/11/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso