''Estase perdendo o coñecemento de producir e cociñar a comida''


Etiquetas: cociña, comida, coñecemento, Alfonso Morales, entrevista

24/10/2012 - Mar M. Louzao / El Progreso (Lugo)

Alfonso Morales, profesor de Planeamento da Universidade de Wisconsin-Madison

Está especializado en sistemas comunitarios de alimentación, un xeito de integrar a produción e o consumo de alimentos nas comunidades que, di, axuda a mellorar a sociedade. Estes días ensina aos alumnos do máster en Xestión Sustentable como é iso posible.

¿Qué son os os sistemas comunitarios de alimentación?

Son sistemas que integran procesos de produción, procesado, distribución, comercio de alimentos e xestión de residuos, de maneira que aforren ou produzan enerxía e que devolvan parte á terra a través do compost. Preténdese que todas as partes sexan interdependentes.

Sona parecido ao que se facía en sociedades tradicionais...

Si, é curioso, antes as comunidades eran así, despois chegou a sociedade industrial e a xente deixou de ser interdependente e pasou a depender de grandes empresas. Agora hai moita xente que quere retomar eses modos e adaptalos aos tempos actuais.

E como se fai esa combinación?

Unha das cousas máis complicadas é que hoxe en día moita xente xa depende da comida precociñada. Estase perdendo o coñecemento de producir e cociñar a comida. Para recuperalo, hai que buscar técnicas e maneiras para que esa labor non recaiga unicamente nun membro da familia, senón que haxa unha idea da produción, preparación e consumo da comida como unha tarefa que concerne a todos os integrantes dunha unidade familiar e incluso a grupos máis amplos, como vecindarios.

Houbo algo que lle chamara a atención en Lugo?

Hai iniciativas moi interesantes, como o Bandullo Ecolóxico, que teñen ese interés, e hai produtores e agricultores que tamén teñen esa meta. Pero están traballando sen moito apoio e sen que a sociedade os coñeza porque os hábitos son moi fortes. Somentes en momentos de grande oportunidade ou crise a sociedade se enfrenta con estas cuestións e xurde a oportunidade de plantexar novas prácticas para abordar estes problemas. Vexo pouco interese do goberno porque non puxeron estes asuntos na axenda. Os gobernos non se percatan de que se poden solucionar moitos problemas cos sistemas de alimentación comunitaria, incluso de educación ou de seguridade.

Consiga AQUÍ la información completa

 

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos

Alfonso Morales.
Alfonso Morales.