O prezo dos combustibles

Datos de interés

  • Viernes 09.01.2009

O prezo dos combustibles


Etiquetas: combustibles, precios, Francisco Sineiro

Francisco Sineiro.

A competencia é un requisito básico para que os mercados de consumo cumplan coa súa función de asignación de prezos. A súa falta ocasiona prexuizos para os consumidores tanto por ter que pagar prezos máis elevados dos que deberan si existira a debida competencia como tamén polas limitacións sobre as súas posibilidades de elección.

En teoría a competencia se traduce nun intento contínuo por parte dos distintos operadores dun mercado por ser máis eficientes para así reducir os seus custes e poder ofertar uns prezos máis baixos aos consumidores. ¿Existe a debida competencia no mercado dos carburantes?

O prezo do petróleo rexistrou unhas fortes subidas nos últimos catro anos, desde uns 40 dólares o barril ao que se cotizaba no outono do 2004 ata uns valores máximos de algo por riba dos 140 acadados en xullo deste ano para ir tendo despois unha rápida caída ata moverse ao redor duns 55 dólares nesta última semana.

Seguindo esas subidas no prezo do crudo, o gasóleo foi elevando o seu prezo ao consumo desde uns 0,85 euros de finais de 2004 ata superar 1,30 euros no pasado mes de xullo. Ben sei que este prezo final non é directamente comparable ao da evolución do petróleo por afectarlle non só a taxa de cambio do dólar a euros, senón tamén os prezos das refinerías aos produtos finais como o gasóleo e os impostos especiais que gravan o seu consumo. E que ademais boa parte das compras fanse no mercado de futuros e que a súa contabilización debe ter en conta os prezos aos que se foron adquirindo en distintos momentos as partidas que agora se están enviando ao mercado. Dacordo, que as contas son máis complexas.

Pero deixenme que poña un exemplo. O prezo actual do petróleo e a taxa de cambio de dólar a euro son similares aos existentes en xaneiro do ano 2007. Polo contrario, hai unha importante diferencia no prezo do gasóleo ao consumo, pois fronte aos algo menos de 0,90 euros pagados daquela agora toca abonar 1,00 euro.

Este prezo é ademais casi idéntico na maior parte das estacións de servicio, que dependen na súa maior parte de dúas empresas matrices. Das 91 gasoliñeiras existentes nesta provincia a finais da semán unhas tres cuartas partes delas cobraban xusto 1 euro, tan só 6 cobraban 2 céntimos menos e o resto se diferenciaba en tan só 1 céntimo.

Esta situación é: ¿casualidade? ou ¿froito dunha sana competencia? Supoño que como eu moitos lectores albergarán dúbidas sobre o grado de competencia real existente neste mercado e de que os prezos ao consumo refrexan as variacións existentes no das materias primas cando suben, pero non cando baixan.

Sería bon que se puxera a debida vixiancia e control sobre este mercado, tanto pola importancia dos custes dos carburantes nos transportes e nos custes de moitos produtos, como pola súa repercusión directa para moitos consumidores que teñen que desprazarse a diario nos seus vehículos polas carencias nos transportes públicos axeitados ás súas xornadas de traballo.

18/11/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso