San Gregorio

Datos de interés

  • Sábado 10.01.2009

MIRA LUGO / Mércores

San Gregorio


Etiquetas: Mira Lugo, Andrés Pavón, presupuestos, Lugo, cuestión de confianza

Andrés Pavón.

Tras moitas especulacións, dimes e diretes, idas, voltas, desputas e desencontros varios temos, xa por fin, os orzamentos do Concello de Lugo para 2009. Aleluia! Nunca un parto foi tan doloroso. Coincidindo, como case sempre, con Cacharro Pardo opino que os orzamentos tampouco son as escrituras sagradas. Fanse confiando obter determinados ingresos e efectuar determinados gastos de xeito que a cousa quede equilibrada. Ben, ata o de agora esto nunca sucedeu e por eso máis do noventa por cento dos cidadáns “pasan” de ler o presuposto e prefiren agardar a que se materialice en resultados.

Pero constitúen unha das salsas da política municipal e por eso a prensa ségueos apaixoadamente. Desta volta, o equipo de goberno conseguiu sacar os presupostos adiante gracias a abstención do BNG. Durante semanas os nacionalistas ameazaron con votar en contra por considerar —e así o seguirán considerando— que non eran os máis axeitados nin para o momento actual nin para as necesidades da cidade. Finalmente, imperou a razón de partido e a proximidade das eleccións e as hostes de Laxe e do meu conveciño Chorén tiveron que tragar sapos.

Pero estase a converter en norma habitual que Orozco desfrute dunha maioría absoluta que non lle deron as urnas porque o BNG, en aras a manter os pactos da Xunta e as Deputacións de Lugo e A Coruña, ten que absterse de ir en contra do alcalde. A melodía da relación entre Orozco e o BNG parécese cada vez menos á Internacional e máis á cumbia yankee de Cañita Brava, esa que di: “Y aunque me digas que si, y aunque me digas que no, eres la reina de mi amooooor”. 

Tampouco axuda en nada ó voceiro do BNG ese coro de voces que di constantemente que un acordo entre o PP e os nacionalistas sería o mellor para os cidadáns; que hai que esquecer diferenzas ideolóxicas para traballar xuntos a prol da cidade. Soar, soa idílico pero todos sabemos que xa na primeira reunión que mantivesen habería disputa pola colocación das bandeiras, por Galicia ou Galiza, polas relacións coa Deputación Provincial... e así ata o infinito.

Nunha parroquia de Chantada dispúñanse a celebrar a festa do San Gregorio. Catro días antes e catro días despois da data estivo chovendo copiosamente e sen parar. O oitavo día, un dos fregueses foi ata a igrexa, colleu a imaxe do San Gregorio, achegouna a un pozo e díxolle: “Gústache a auga, eh? Pois, tranquilo, que te vas encher”. E tirouno ó pozo. Veremos se o voceiro do BNG non acaba facendo con Orozco como este fregués con San Gregorio.

19/11/2008

3'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



1 comentario

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por correcarmela 28-11-2008 11:49

Normal

Que cosas


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre







Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso