Literatura galega
Cesáreo Sánchez revalida o cargo como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega
07/02/2009 - AGN
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou este sábado a súa asemblea anual en Santiago de Compostela, na que, entre outras cuestións, aprobou a nova composición da súa xunta directiva, que seguirá a presidir Cesáreo Sánchez, con Antía Otero como vicepresidente.
Na asamblea deuse tamén o visto bo ao programa de actividades para o 2009, entre o que se acordou a concesión do premio 'Bos e xenerosos' a Mariví Villaverde, así como a concesión da Letra 'E' a Agustín Fernández Paz.
Outros premios
Asemade, declarouse 'Escritora Galega Universal' á mexicana Elena Poniatowska, distinción que se otorgou tamén, e por primeira vez, a un autor do ámbito literario da lusofonía, recaendo nesta ocasión no escritor angoleño Jose Luandino Vieira.
Estes premios entregaranse na xa consolidada Cea das Letras conxuntamente cos Premios AELG, que este ano incorporarán unha nova distinción: a do mellor blog literario.
Igualmente, farase entrega do galardón á institución que destacou durante o ano no seu labor cultural, concedendose nesta ocasión á Sección de Literatura do Liceo de Ourense, personificada na figura de Marcos Valcárcel.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.





