Todo vale en campaña?

"Non me van dobrar": Quintana contra fotos vellas, accidentes que non ocorreron e un mar de insinuacións


Etiquetas: Xunta 09, eleccións, autonómicas, BNG, Quintana

26/02/2009 - Galiciaé

Unha foto de hai cinco anos. Un accidente que nunca ocorreu. E unha chuvia de insinuacións sobre a vida persoal que pouco ou nada teñen que ver coa política.

Son as balas coas que o PPdeG cargou a súa escopeta para cazar votos na campaña máis sucia que se recorda. "Non me van dobrar", dixo este mércores Anxo Quintana, o mesmo día en que cumpría medio século de vida e no que almorzaba con este 'variado' menú.

Quintana abre o seu álbum persoal
As fotos no iate co empresario Jacinto Rey, presidente do grupo San José (ao que pertence Udramedios, a editora do recentemente nado Xornal de Galicia) foron publicadas en setembro do 2005 no xornal El Correo Galego "sen xerar ningunha controversia", como recoñece o propio medio.

Con todo, catro anos despois foron recuperadas polo PPdeG con fins partidistas. Así, Núñez Feijoo dedicou os seus mitins do mércores a pedir a Quintana unha "explicación inmediata" do seu pousado estival co empresario, e instou ao titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a cesar ao nacionalista.

Nun acto electoral celebrado na Praza de Abastos de Lugo, o xefe de filas do PPdeG censurou os ''contactos claros'' que mantivo o dirixente nacionalista cun empresario cuxa firma recibiu ''un importante paquete de megawatts'' na adxudicación do concurso eólico, e alertou de que "non se deben mesturar política e negocios''.

Núñez Feijoo, que se curou en saúde reiterando que ''non ten nada'' en contra da actividade empresarial de Rey, comparou a fotografía de Anxo Quintana coa imaxe de Mariano Fernández Bermejo de caza co xuíz Baltasar Garzón nunha leira de Xaén, que se saldou coa dimisión do titular de Xustiza, e recalcou que igualmente o dirixente nacionalista lle debía unha explicación á cidadanía.

Mentres, Quintana non quedou calado. "O señor Feijoo está a facer a campaña máis rastreira que se recorda na historia deste país", espetoulle ao líder dos populares, á vez que o invitaba a repasar o seu álbum de fotos persoal "para que vexa a cantidade de persoas coas que falei cumprindo coa miña obrigación como vicepresidente".

A cambio, tamén pediu explicacións: "por esta campaña tan sucia, polos casos de corrupción nos que vostede e o seu partido están inmersos e por ter a Galicia no atraso".

Facer campaña coa vida privada
Pero non foi a famosa foto de Quintana, temón en man, publicadas por La Voz de Galicia e ABC a pinga que colmou o vaso do allaricense. As insinuacións acerca da súa vida privada han feito madeixa na paciencia do nacionalista. O dedo acusador levantouno o presidente do PPdeG en Ourense, José Luís Baltar, responsable das acusacións.

En Allariz, Baltar insinuou unha relación de Quintana con Teresa Táboas. "Agora voume a meter coa conselleira de Vivenda, que é o que lle doe a Quintana. Sabedes que a esa non se lle pode tocar, porque a Quintana moléstalle moito".

O luns, no tamén ourensán municipio de Toén, repetiu a mesma cantilena: "Antes andaba cunha camisa con máis anos que Carracuca. Quen te viu e quen te ve? Agora, querido amigo, bo traxe de Armani, boa camisa de seda, boas compañías... Dígoo, e o que queira entender que entenda".

No mesmo mitin acusouno de interceder en favor dun cuñado e engadiu outra insinuación aínda máis grave: "Non hai dereito a que, con quen é o encargado de coidar das mulleres, se dean os feitos que se dan. Algúns xa saben do que falo: puxemos ao rato a coidar do queixo".

De sobremesa: un accidente que nunca existiu
E o mércores, mentres Quintana explicaba as súas propostas electorais ante os micros da Radio Galega, unha axencia de noticias tiña unha exclusiva: "Quintana suspende un acto electoral en Santiago con mozos debido a un accidente leve".

O teletipo, posteriormente desmentido pola propia axencia (atribuído a un "fallo no sistema de control editorial) e polo gabinete de prensa do nacionalista, detallaba o lugar e a hora do sinistro, e engadía que non podería acudir ao seu encontro cos mozos porque se atopaba no Hospital Clínico de Santiago someténdose a un recoñecemento.

As fotos posteriormente publicadas por varios medios de comunicación, cun enérxico Anxo Quintana bailando con Iria Aboi, de Galiza Nova, contribuían a desmentir o accidente. Para o allaricense, o PPdeG está detrás dos "paparazzis" que tomaron a foto e da noticia do falso suceso.

"O que lles molesta non son nin Quintana nin o BNG, senón que Galicia sexa un país libre, que se faga respectar, que se presenta á humanidade orgullosa do seu idioma e da súa cultura".

4'8 (8 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



26 comentarios

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#26 Por medulio 27-02-2009 11:03

Normal

VOTA GALIZA! VOTA AOS QUE NOS DEFENDEN!
Esa xentuza do PP non pode volver gobernar GALIZA.
Se lles dá vergoña ata a nosa lingua...
Cal é o seu programa? Que vaian falar ao "diario de patricia" ou a Gran Hermano. Terían éxito.


#25 Por pontevedresa 27-02-2009 10:27

Normal

Queredes que volvan? Non, verdade? Pois xa sabedes...


VOTADE PARA QUE NON VOLVAN.

1 de marzo, máis Galiza e máis BNG




#24 Por Andres31 27-02-2009 10:04

Normal

Demasiada paciencia demuestran el PSdeG y el BNG al no ponerle los puntos sobre las "ies" a Baltarin. Si Anxo Quintana o Touriño decidieran meter la nariz en lo que pasa en la Deputación de Ourense, tendrían mierda para abonar varios cientos de Hectarias.


#23 Por oscar00 27-02-2009 09:15

Normal

Eu o que vexo sobre todo son probas. Probas a esgalla de todo canto se di sobre Quintana. Como doe que os cartos dos eólicos queden en Galicia e se dean a cambio de inversións en Galicia. Supoño que algunha empresa de fóra de Galicia estará moi disgustada por quedar sen nada, e chamaría a algún amigo do PP para protestar.
Pero o que é incrible é que todo isto tape a realidade das propostas. O PP non ten propostas, como demostrou nos debates. Como demostra o feito de que Feijoo non se atreva a debatir, nin na TVG, nin agora en en CorreoTV, onde tamén se lle ofreceu, e iso que Quintana dixo "como queira e cantos queira". ¿Cal é a excusa agora? A falta de propostas. Bueno, sí, ten dúas: eliminar as galescolas (así se...

Eu o que vexo sobre todo son probas. Probas a esgalla de todo canto se di sobre Quintana. Como doe que os cartos dos eólicos queden en Galicia e se dean a cambio de inversións en Galicia. Supoño que algunha empresa de fóra de Galicia estará moi disgustada por quedar sen nada, e chamaría a algún amigo do PP para protestar.
Pero o que é incrible é que todo isto tape a realidade das propostas. O PP non ten propostas, como demostrou nos debates. Como demostra o feito de que Feijoo non se atreva a debatir, nin na TVG, nin agora en en CorreoTV, onde tamén se lle ofreceu, e iso que Quintana dixo "como queira e cantos queira". ¿Cal é a excusa agora? A falta de propostas. Bueno, sí, ten dúas: eliminar as galescolas (así se loita contra o paro) ¿Que lles dirá ós pais que levan alí ós seus fillos? Derogar o concurso eólico ¿E as inversións millonarias que as empresas tiveron que poñer sobre a mesa, inversións en Galicia e que crearán emprego? E outra cousa... ¿eliminará Feijoo tamén o 14%? ¿Pareceralle mal que iso quede para os galegos? ¿Regalará a enerxía galega a empresas de fóra como xa fixo coa AP-9?


#22 Por cantolo 27-02-2009 08:59

Normal

Eu tiña pensado non votar, sobre todo por estas cousas, o tema das oposicións, o do Banco de Terras, Concurso eólico. Pero vendo como o PP actúa non me queda máis remedio que votar para que non volvan.


#21 Por DOBLAangel 27-02-2009 08:00

Normal

Anxel, ninguén te vai dobrar. O que si pode ocurrir e que os votos dos Galegos fagan de tí un Anxel caído. Estáte esperando BAUTISTA. Bon proveito amiguiño!


#20 Por ANGELQUINTANA 27-02-2009 07:49

Normal

Angelito,Angelito. Los Angeles se dedican a hacer el bien y no el mal. ¿Y tú que has hecho? INFORMACION PRIVILEGIADA a Jacinto Constructora San José para acabar dándole un bonito regalo de NOVIOS, impedir a unos excursionistas a que llegaran a su destino para contárles tus mesiánicas ideas, gastar el dinero de los gallegos en chupitos cubanos, impedir que nuestros niños puedan saber y expresarse en el idioma de todos los españoles y al mismo tiempo lengua oficial del Estado, condicionar y atar al pobre Touriño para que no pudiera hacerlo mejor en estos 4 años esperando sacar rentabilidad política de todo ello,.......Angel, tú no eres un Angel, ere-lo DEMO en Yate.


#19 Por Alberte 27-02-2009 01:30

Normal

Yo no soy Angel Quintana...


#18 Por QUINTACOLUMNA 27-02-2009 01:23

Normal

Otiaaaaaaaaa, do que se entera un, ¿Baltar é certo eso que dis do Quin e a Táboas? E eu que lle enviei un burofax a Quin poñendoa a caldo e pedindolle o cese pola súa actuación incompetente no expediente das vivendas acuáticas do promotor Núñez en Avenida Breogán, legalizadas co beneplácito do Concello e de Vivenda. Construídas en 36 meses cando a lei di que son 24 prorrogables xustificadamente a 30. E iso que se denunciou que non eran legais. Estamos a investigar a ver se algún funcionario tén algo que ver con algunha empresa subcontratada.


#17 Por MarBrava 27-02-2009 00:51

Normal

El PP tiene demasiada corrupción y el PSOE también por su compra de votos en la emigración, que se vayan a Madird los partidos madrileños.


#16 Por hermerico 27-02-2009 00:17

Normal

El tesorero Bárcenas, que aparece en las últimas filtraciones como posible imputado, se queja ante el Consejo General del Poder Judicial y el fiscal general del Estado de la actuación del magistrado. Está en su derecho, naturalmente, pero se echa de menos que, después de que aparecieran en la prensa noticias sobre hipotéticas grabaciones al imputado Correa sobre pagos realizados, no compareciera ante los militantes y la opinión pública para decir que eso no ha ocurrido nunca jamás, que toda su actuación como gerente y tesorero del PP ha sido ajustada a la ley, que ni se ha enriquecido más allá de lo razonable ni ingresado un euro ilegal en las arcas del partido. Tranquilizaría más, sin duda, a los propios y respondería...

El tesorero Bárcenas, que aparece en las últimas filtraciones como posible imputado, se queja ante el Consejo General del Poder Judicial y el fiscal general del Estado de la actuación del magistrado. Está en su derecho, naturalmente, pero se echa de menos que, después de que aparecieran en la prensa noticias sobre hipotéticas grabaciones al imputado Correa sobre pagos realizados, no compareciera ante los militantes y la opinión pública para decir que eso no ha ocurrido nunca jamás, que toda su actuación como gerente y tesorero del PP ha sido ajustada a la ley, que ni se ha enriquecido más allá de lo razonable ni ingresado un euro ilegal en las arcas del partido. Tranquilizaría más, sin duda, a los propios y respondería mejor a los extraños, incluso a los que no le quieran ningún bien.


#15 Por ferrete 27-02-2009 00:06

Normal

Sabedes que dúas cousas teñen en común o bispo británico Richard Williamson e noso inefable Quin: que negan o Holocáusto e a súa frase favorita é "non me van dobrar". Non sabía eu que había tantos partidarios do bispo retrógada na miña Galicia. Vivir para ver.


#14 Por Lucenciado 26-02-2009 23:53

Normal

Anxo Quintana, será quen o queira ser. Eu NON dendelogo.


#13 Por quintanazo 26-02-2009 23:40

Normal

700 jubilados en ruta a Portugal, desviados a un mitin de Quintana. El quintanazo del BNGaaa. Eso es lo que quieren para Galicia, desviarnos de la ruta del futuro hacia la palabrería de un charlatán de feria... hacez lo que digo mientras vivo bien, pero no lo que hago. Ese es el único programa del BNGaaa.


#12 Por nauta 26-02-2009 23:27

Normal

¿Mirachedes a foto dos do PP no Clube Naútico de Sanxenxo?. Todos xuntos e da mán. O Miramontes, O Palmou, A Ana, todos camiño do yate. ¿Por certo, ata qué anos un é xoven "ajricultor"?. ¡Qué parbada de pregunta "fajo"!. E agora que o "dijo": ¿cantos agricultores galegos terán barco, e sin que sexan xóvenes?. Pero, ¿e isto a qué ven?. Só che é por "prejuntar".


#11 Por Cardon 26-02-2009 23:06

Normal

Agora, máis que nunca temos que xuntar todo o voto galeguista en apoio ao Bloque. Eu tamén dubidaba entre a abstención e o voto nulo, pero esto xa é unha cuestión de defensa da Democracia. Este PP nunca máis! Eu tamén voto Bloque.


#10 Por caciQuin 26-02-2009 23:01

Normal

QUINTANA Y EL BNG NO CONDENAN EL HOLOCAUSTO NAZI. Con eso ya está todo dicho.http://www.elpais.com/articulo/opinion/BNG/Holocausto/elpepiopi/20080221elpepiopi_10/Tes/
El BNG y el Holocausto
JOSÉ FERERES - Madrid - 21/02/2008
Acabo de llegar de Nueva York donde he podido advertir la indignación que en la comunidad judía norteamericana ha despertado la negativa del Parlamento de Galicia a condenar el Holocausto el pasado Día de Recuerdo de las Víctimas: seis millones de víctimas. Organizaciones, personalidades y medios de comunicación judíos han expresado su repulsa, y también su asombro, al inexplicable menosprecio al dolor de un pueblo de esa alta institución política española. Una injusticia que...

QUINTANA Y EL BNG NO CONDENAN EL HOLOCAUSTO NAZI. Con eso ya está todo dicho.http://www.elpais.com/articulo/opinion/BNG/Holocausto/elpepiopi/20080221elpepiopi_10/Tes/
El BNG y el Holocausto
JOSÉ FERERES - Madrid - 21/02/2008
Acabo de llegar de Nueva York donde he podido advertir la indignación que en la comunidad judía norteamericana ha despertado la negativa del Parlamento de Galicia a condenar el Holocausto el pasado Día de Recuerdo de las Víctimas: seis millones de víctimas. Organizaciones, personalidades y medios de comunicación judíos han expresado su repulsa, y también su asombro, al inexplicable menosprecio al dolor de un pueblo de esa alta institución política española. Una injusticia que además es una torpeza: ha ennegrecido la imagen de España y de Galicia en Estados Unidos y sin duda en otros países avanzados que albergan y respetan poblaciones judías. El Bloque Nacionalista Galego, promotor de esta sinrazón, ha hecho un flaco favor a España y a Galicia. Y no me explico cómo el Partido Socialista Galego y el Partido Popular en Galicia no han encontrado modo de impedirlo ni, al menos, han formulado ahora, desde fuera del Parlamento una categórica condena al Holocausto.


#9 Por ferrete 26-02-2009 22:33

Normal

IslaCaimán, non fai falla simpatizar co PP (eu alomenos non) para rexeitar a tua frase "todos somos Anxo Quintana", eu nin morto vamos. Ainda que so sexa por reproducir, con pouco éxito duas cacicadas de manual do PP: o carrexo de vellos e as oposicións (amañadas ou non, ainda que creo que si)a final de mandato. Isto é vella escuela do PP con nova impronta e gañas de aprender do BNG.
"Non me van dobrar", dixo este mércores Anxo Quintana, pois ti os galegos que non pasan polo teu aro TAMPOUCO.


#8 Por Yatedigo 26-02-2009 22:30

Discutible

Ay¡ Natureza, como se puede ser tan ingenua, no te das cuenta de que vivimos en una tierra de caciques, los de antes y los de ahora. ¿Que nos queda?... Castigarlos a todos...¡ABSTENCION!


#7 Por Garzon 26-02-2009 22:26

Normal

La presunta trama corrupta vinculada al PP habría obtenido casi 5 millones de euros entre 2000 y 2004 gracias a las decenas adjudicaciones de AENA en la etapa de Francisco Álvarez Cascos como titular de Fomento según informa El País. El organismo, dependiente de ese Ministerio, otorgó al supuesto cerebro de la trama, Francisco Correa, decenas de encargos de entre 30.000 y 300.000 euros. En las grabaciones incluidas en el sumario que investiga el juez Baltasar Garzón, Correa menciona sus nexos con Cascos, con el actual tesorero del PP Luis Bárcenas, y con el ex consejero de Deportes de Madrid, Alberto López Viejo. En concreto, les cita para indicar que les ha pagado a cambio de adjudicaciones. ¿Acabará convirtiéndose este caso...

La presunta trama corrupta vinculada al PP habría obtenido casi 5 millones de euros entre 2000 y 2004 gracias a las decenas adjudicaciones de AENA en la etapa de Francisco Álvarez Cascos como titular de Fomento según informa El País. El organismo, dependiente de ese Ministerio, otorgó al supuesto cerebro de la trama, Francisco Correa, decenas de encargos de entre 30.000 y 300.000 euros. En las grabaciones incluidas en el sumario que investiga el juez Baltasar Garzón, Correa menciona sus nexos con Cascos, con el actual tesorero del PP Luis Bárcenas, y con el ex consejero de Deportes de Madrid, Alberto López Viejo. En concreto, les cita para indicar que les ha pagado a cambio de adjudicaciones. ¿Acabará convirtiéndose este caso en una trama de financiación ilegal del PP?


Páxina

  • 1
  • 2
  • Acceder Crear usuario

    Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





    captcha

    Cambiar por outro


    Un pouco de HTML está ben
    Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

    Fotos

    (Fotos: EFE)
    (Fotos: EFE)