ENTREVISTA
Xosé Manuel Barreiro: ''O bipartito non cumpriu e non se pode enganar sempre á xente''
03/03/2009 - A. Vaqueiro / El Progreso (Lugo)
Xosé Manuel Barreiro estaba este luns eufórico, como a meirande parte do PP de Lugo. O presidente provincial do partido atribúe un pecado de “soberbia” ao bipartito e di que causa da súa derrota é que “había un engano constante e non se pode enganar continuamente á xente”. Barreiro exhibía unha euforia contida, que manifestou tanto nesta entrevista como na rolda de prensa que ofreceu á tarde.
Que valoración fai dos resultados electorais?
Moi satisfactoria. Dicir o contrario non correspondería á realidade. Primeiro, porque o PP mantén en Lugo unha posición importante, porque estabamos moi preto do 49 por cento e mantémolo practicamente [no 48,56 por cento]. Tamén se mantén o número de deputados. E estamos moi agradecidos polo labor que se fixo dende o partido, porque colaboraron todos. Formamos un gran equipo. E en segundo lugar estou satisfeito porque retornamos á Xunta, que é moi importante nestes momentos de crise.
Cal cre que foi a clave?
Xa nas xerais tivéramos bos resultados, mantendo as posicións que temos. Estamos facendo un traballo que ao mellor é xordo. É un traballo duro, o de estar cerca da xente, mirando polos seus intereses, facilitando o debate interno. En segundo lugar, presentamos un proxecto que a xente entendeu como o único que serve para esta situación de recesións. Porque estes señores non cumpriron, nin no Concello, nin na Deputación nin na Xunta, e non se pode enganar continuamente á xente cunha ponte ou un auditorio. Había un engano constante, pero a xente é maior de idade. En política non se pode ser soberbio, senón que hai que ser humilde e recoñecer os erros.
Cre que isto vai ter repercusións nas seguintes eleccións?
O importante é seguir traballando. Non é bo facer interpretacións en clave doutra cita electoral. Pero penso que se vai dar un cambio cualitativo importante. En Lugo. En Galicia. Pero temos que seguir traballando; hai que traballar todos os días, estar os sábados, os domingos e os festivos e non só na campaña electoral. Hai que falar coa xente, escoitar a todo o mundo e cumprir o que se di. E se non se pode, hai que explicalo. Se alguén fixo unha promesa hai cinco anos, non pode seguir coa mesma. A confianza en política hai que gañala día a día.
Temeron polo resultado á vista das enquisas previas?
As enquisas dábannos o oitavo escano en Lugo, aínda que ao longo do día falouse de 6-7 para nós. Eu tiña unha boa percepción, polo que se estaba vivindo nos últimos meses e pola importante receptividade ao PP que víamos. A campaña de Alberto [Núñez Feijoo], ademais, foi unha gran campaña, e non só os quince días. Para nós foi moi importante a participación de Mariano [Rajoy]. Así que a sensación que percibiamos era moi positiva.
O alcalde de Lugo di estar preocupado polos investimentos que quedan no aire.
Máis que preocuparse, Orozco debería ter tranquilidade, porque, respecto aos compromisos con Lugo, hai moitas máis garantías de que se cumpran cun goberno do PP. Se en case cinco anos non foi quen de construír un auditorio!
É curioso que o auditorio, un proxecto nacido do PP, vaia ser inaugurado posiblemente por un presidente da Xunta do PP. E o hospital...
... Vai ser o PP o que o inaugure. Porque foi o que tivo a vontade política de levalo adiante. É que eu non acabo de ver os grandes proxectos que fixo o bipartito na provincia. Como moito, chegou a continuar algúns que deixara o PP. E mira que catro anos dan de si.
Cando tome posesión Núñez Feijoo, vai ir a Santiago a expoñerlle que cousas quedan por facer en Lugo?
Evidentemente, teño unha representación no partido. Nós dedicarémonos á defensa dos intereses da provincia e sentímonos francamente representados na figura do novo presidente da Xunta.
Na campaña, Ricardo Varela insinuou que vostede non se falaba con Raquel Arias, a cabeza de lista do PP por Lugo.
Cando un candidato ten que acudir a eses elementos demostra unha pobreza moi significativa. Ademais, vaino dicir unha persoa que é conselleiro, de Traballo. É dunha pobreza total e absoluta. Eu teño e tiven unha relación cordial con Raquel Arias. É unha persoa de gran valía, igual que os demais compañeiros. Onde si houbo “diferencias”, e incluso houbo denuncias, foi no PSOE de Vilalba, onde un sector do partido saíu nos medios pedindo que non fora certa candidata. Pero iso non é o que importa. O importante é traballar polos cidadáns, que para iso nos pagan e nos elixen.
Algo semellante se di de vostede e Núñez Feijoo.
É a mesma pobreza de argumentos. Sempre houbo boa relación entre Alberto e eu. Iso é unha mostra de que non hai de que falar despois de catro anos. Pero agora foron xulgados polos electores. É un dos primeiros casos dun goberno que, nunha primeira lexislatura, non repite e recibe un castigo tan claro dos votantes.
Falou con Núñez Feijoo sobre as consellerías que vai ter Lugo?
Diso terá que falar o novo presidente da Xunta. Iso correspóndelle a el.
Pero algo falarían durante a campaña, aínda que fora de xeito informal, non?
Non, non falamos nada disto. Quen ten que formar goberno é quen foi elixido. Os demais, o que temos que facer é colaborar con el e traballar con lealdade.
Cre que os resultados na capital son un aviso para o PSOE?
O PSOE mantén un importante número de votos, aínda que cae. Disto terá algo que dicir o señor Ricardo Varela, pero tampouco me preocupa. Algúns políticos deben ter un pouco máis de consideración e respecto cara aos cidadáns, que para iso nos votan e pagan, para dar solucións. Estes señores non o fixeron e en Lugo levan tempo sen facelo. Lugo está pasando factura a un goberno dividido, que fai da ostentación un elemento de representación. Nesta etapa de sufrimento da sociedade, o Goberno está facendo ostentación. Diso é do que ten que responder o PSOE.
Coida que o PXOM pasoulle factura ao PSOE e, pola contra, beneficiou ao PP?
É difícil explicar o resultado en Lugo só por iso. Creo que se deu ese resultado por un conxunto de circunstancias. En todo este tempo, os socialistas non deron levado adiante ningún proxecto importante. Pode que teñas un problema administrativo co auditorio, pero se en nove anos non o das solucionado, é que es un mal xestor. Hai moita xente que figura, como o presidente da Deputación, que está co Quilómetro 0, Quilómetro 1 ou Quilómetro 25. Iso pasou no Concello, na Deputación e en Santiago, e a xente acábase cansando.
Vai cambiar agora a relación do PP co PSOE no Concello de Lugo?
Somos a segunda forza e creo que demostramos que exercemos o noso labor con responsabilidade, aínda que ás veces non é ben entendido. Joaquín [García Díez] está facendo un labor encomiable nese sentido, aínda que ás veces hai cuestións que non son ben entendidas. Nós poñemos o interese da cidade diante do partido, porque a nós elixíronos para traballar pola cidade e por mellorar a condicións de vida dos seus habitantes.
E na Deputación?
Seguiremos igual, presentando propostas. Reclamaremos e faremos un labor de control. Hai moitos proxectos que estaban en marcha que están paralizados.
E agora, xa se poderá constituír o comité local de Lugo, non?
É un tema que temos aprazado entre comiñas. O congreso rexional tamén quedou aprazado porque había eleccións. Agora celebrarse o rexional e despois virán os provinciais e os locais. Temos feitas moitas renovacións no partido, e iso é bo, non por si mesma, senón porque facilita canles de debate dentro da formación.
E tamén toca renovar Novas Xeracións.
Si, que [Antonio] Basanta xa está no límite de idade para seguir de presidente.
Pero agora, tendo o goberno, esa renovación será máis tranquila, non?
Francamente, nunca tivemos dificultades para facela nin estando na oposición. Sempre hai debate, pero iso é bo para un partido.
Non me negará que no PP están eufóricos.
Si, e estamos moi agradecidos aos votantes, a todos, porque non miramos o carné dos votos. Estamos agradecidos aos interventores, aos apoderados, aos militantes... pola súa entrega total e absoluta.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
#8 Por Alicia 05-03-2009 00:49
Si eso fuera verdad, hace muchos años que el PP no tendría la mayoría en Galicia, y ya ve Sr. Barreiro, a pesar de tantos años de gobierno de su partido, de estar con los sueldos más míseros de España, de ser una de las comunidades con más emigrantes, (que enviaron aquí su dinero) de tantas y tantas promesas que no cumplieron... HAN CONSEGUIDO ENGAÑAR A ESTA MARAVILLOSA GENTE DE NUEVO.
#5 Por lourenzo 04-03-2009 13:22
Boeno,os do PP estiveron 16 anos na Xunta e Galicia segue moito no rabo do desenrolo, e Lugo xa nos últimos postos en case todos los índices de desenrolo dunha provincia. O que pasa é que hai moita iñorancia na maioría da xente senon non se explican os resultados destas últimas votacións. Hai que tomar exemplo das autonomias mais desenroladas:Cataluña e País Vasco, onde o PP é un partido case residual.
#4 Por yoyoinfinito 04-03-2009 01:49
Orozco es muy buena persona, y un buen alcalde, pero en ese partido algo no funciona, no puede ser que teniendo gobierno central, autonomico, diputacion y ayuntamiento, no seas capaz de sacar adelante nada. En 10 años. Su jefe directo incompetente reconocido, Pepiño siempre vendiendo humo, y el superjefe un "mentiroso cronico", es una pena, pero le auguro poco futuro si no aprieta el acelerador. EL puente no esta hecho por que se empeño en hacerlo por donde no se debe ni se puede, y por darle cancha al BNG, que en el fondo no queria ni puente, ni auditorio ni nada, todo les valia.









