Accidente laboral
Suspenden a procura do operario desaparecido en Malpica
05/03/2009 - AGN
O Helimer 210 e efectivos de Protección Civil e da Policía Local de Malpica suspenderon a procura do traballador de 41 anos arrastrado na mañá do mércores por unha onda no porto coruñés de Malpica. Por segundo día consecutivo tampouco lograron dar con algunha pista sobre o seu paradoiro.
Información relacionada
Pola súa banda, tamén participarán as dúas embarcacións de Cruz Vermella e Protección Civil, que están a atopar moitas dificultades para realizar o seu traballo debido ao temporal de vento e á ondada. A situación tamén impediu ao equipo profesional de mergulladores mergullarse e esperan que a meteoroloxía lles permita o venres rastrexar o fondo do mar.
As previsións de Meteogalicia sinalan que a situación mellorará a partir desta madrugada e o venres espérase que as ondas non superen os cinco metros de altura na zona, fronte aos sete rexistrados este xoves. Tamén se acougará o vento, que seguirá soprando do noroeste, pero con menos intensidade, sen exceder forza seis a partir da tarde. Con este prognóstico, os corpos de rescate esperan levar a cabo o seu labor sen impedimentos.
Construían un dique
Os dous operarios traballaban para a empresa Pavicorfel, con sede na localidade portuguesa de Viana do Castelo, subcontratada por Bardera Obras Civís e Marítimas S.L. para a construción dun dique transversal ao existente no porto coruñés de Malpica e así mellorar a súa seguridade.
O presidente da empresa Bardera Obras Civís e Marítimas S.L., Guillermo Beceiro, argumentou que non prevía, a pesar da alerta de Protección Civil, que o tempo fose tan malo pola mañá porque esperaba ''o peor'' cara á tarde.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#1 Por jcmc 06-03-2009 20:01
A la empresa se le tenia ke caer el pelo,obligando a pobres trabajadores trabajar en esas condiciones,y tiene la cara de decir ke no preveia ke el tiempo fuera tan malo,y por ke no escuchan a proteccion civil,y las autoridades si saben ke el tiempo es tan malo y peligroso por ke les dejan trabajar???Una vez mas trajedia por las codiciones de inseguridad en este pais al menos espero ke la empresa responda con la familia de este pobre hombre y ke le pagen una buena indennizacion a su familia y una pension digna a su viuda si la tiene.







