Adeus Alonso amigo


Etiquetas: José Alonso Sánchez, obituario

25/03/2009 - Germán López Quiroga

Contaba con un montón de amigos, e xa non digo a súa familia, entre eles cantidade de compañeiros xornalistas dos medios de comunicación onde perante máis de 40 anos Xosé A. Alonso Sánchez exerceu, unhas veces como cronista, outras de redactor, de locutor de radio, e ata de xefe; Alonso, que aínda sendo tan importante, así de sinxelo quería que así se lle chamase. El estaba sempre ó pé da noticia, da crónica, e de testemuños escritos con profesionalidade, con ética e con obxectividade que facían as ledicias e admiración dos lectores, nos que destacou escribindo en La Voz de Galicia e, moitos anos xa, no El Progreso, onde recentemente viña de prexubilarse aos seus 60 anos que quería alongar activamente. Nun viaxe a Madrid para impartir unha conferencia universitaria, de súpeto, ocorreu o seu pasamento.

Alonso, a quen tiven a sorte de coñecer como amigo e profesional acompañando á coral de Renfe, máis de 25 anos atrás, nunha viaxe como cronista para cubrir a información do grupo desprazado á Europeade de Martigny (Suiza) cuxas crónicas conservo datadas do 1 ó 6 de agosto do 1981. Nesa convivenza deixou pegada fonda de agarimo, e tamén de gran home de ben como persoa excelente, xenerosa, afable e sinxela, Toda a familia da comunicación galega coñeceu a vocación xornalística de Alonso, que antepuxo á de mestre da docencia, para chegar a ser un referente sobranceiro entre o colectivo da información.

Catro décadas de crónicas políticas, locais, sociais e culturais do día a día, atoparon en varias seccións propias gabanzas para un meu libro que recomendou lelo, comparándoo aos de Manuel Leguineche, co cal é de ben nacido ser agradecido, cousa que, póstumo, quixera facelo.

Alonso non morreu, queda nas hemerotecas, e na morea de amigos sendo historia nos nosos corazóns cumprido coa súa paixón de ser o que el quixo ser.

“Deica mañá logo compañeiro” como el se despedía sempre.

Hoxe escribo eu por ti, con humildade, para que sigas sempre con todos nós.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario