Ata logo, Alonso


Etiquetas: José Alonso Sánchez, obituario

26/03/2009 -

Cun "espectacular" principiaba unha crónica este xornal o pasado 14 de decembro. Referíase á homenaxe que recibiu Xosé Alonso Sánchez pola súa prexubilación. Tres meses despois, Alonso volveu reunir a centos de amigos, desta volta para o despedir.

As mostras de apoio que recibimos estes días ficarán para sempre nos nosos corazóns.  Estivestes con nós na viaxe máis inesperada e difícil da nosa vida. Non fallastes na súa maior homenaxe e por elo só podemos agradecer o agarimo recibido.

Ós que tivestes a sorte de coñecer a Alonso e sentistes con moita dor o seu pasamento, lembrade aqueles momentos de risas e bromas ós que nos tiña tan acostumados.

Como nos dixo un bo amigo seu: “Un non morre mentres o recordan”. Así vai ser.

Graciñas a todos e como Alonso adoitaba dicir: ata logo.

(Remitido pola familia Alonso Díaz.)

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario