In memóriam


Etiquetas: José Alonso Sánchez, obituario

27/03/2009 - Manuel Cuesta

Cando me enterei do teu pasamento, despois de dar unha conferencia nun colexio en Madrid, non daba crédito á triste noticia. Viñéronseme á memoria os teus comezos no eido do periodismo.

Recordaba cando sobre as dez da noite, nos traías a Telégrafos, as noticias locais, para que transmitísemos ó teu periódico, daquela, a Voz de Galicia, e os lucenses nos enterásemos do que acontecía na nosa cidade. Estoume remontando ós anos 1965-70, alternando cos teus colegas Marcial Vigo e López Castro, asiduos o telégrafo, porque daquela non había máis medios de comunicación que o Telex, hasta que as delegacións, instalaron este medio.

Tamén recordo cando nos encontrabamos na Porta de S. Pedro e me dicías coa túa ironía: “Cuesta, que pasa co Lemos” (club de fútbol), (son de Monforte) ó que eu respondía “xa falaremos cando o Lugo vaia de primeiro na clasificación”. En fin moitos e bos recordos da nosa amizade.

Pero tamén recórdante o profesor Blas Lourés e Josefina, e os seus alumnos de debuxo e pintura do Círculo das Artes, pois cando íamos ter a ‘exposición’ do traballo realizado durante o curso, e dicíame Blas Lourés, “Cuesta, tes que falar co Alonso, para que nos poña unha reseña no Progreso”. O mesmo que cando era para a celebración da cea de fin de curso, e tí como eras o noso representante nos medios de comunicación, o facías ampliando o tema cun pequeno resumo dos nosos traballos e facendo un historial dos nosos profesores.

Vexo “no teu periódico” que chegan de distintos puntos da provincia recordos do teu bo facer periodístico, e remorderíame a concencia se eu non a fixese.

“Da árbore simbólica do Progreso, desprendeuse a mellor pola”.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario