Alonso, amigo
29/03/2009 - Conchita Paz Montenegro
Dende a atalaia das túas raíces
ollas xa, para sempre
o próximo ou lonxano mar.
Ese mar infindo que dá ás súas xentes
algo único.
A capacidade de arrinca-la propia caranta,
impasible
que a sociedade leva ano tras ano nun Entroido perpetuo.
Esparexiches amor entre Esther, Martín, Emma.
Esparexiches afecto, alento. Apoio entre os teus amigos.
Estas miñas palabras son un canto á vida,
á túa vida.
Xa que logo, ninguén te perdeu,
Alonso, amigo.







