MIL BATALLAS

''Despacho unhas 250 pezas de pan todos os días''


Etiquetas: Carmen Boquete González, Lugo, tienda, Mil Batallas

12/11/2013 - Sabela Corbelle / El Progreso (Lugo)

A TENDA QUE rexenta, xusto enfronte do centro de saúde de Fingoi, é das máis veteranas de Lugo: ten medio século de existencia. Pero ela, Carmen Boquete González, non sempre estivo alí. Antes de coller este pequeno ultramarinos, dedicou 40 anos da súa vida a outro sector comercial totalmente diferente: a lencería.

Agora, leva preto de 12 anos na alimentación e decatouse de que é un negocio máis sacrificado -porque abre, practicamente, todo o día e todos os días, domingos incluídos-, pero con todo di que é máis gratificante. «Custoume adaptarme pero estoulle moi agradecida á clientela porque me acolleu moi ben e porque é moi fiel. Hai xente que vén todos os días a polo pan e o xornal e, de paso, leva tamén outras cousas. É moito máis sacrificado cá lencería en canto a horarios e a traballo porque non tes descanso, pero compensa. Gústame o trato persoal e, de paso, aconsello aos clientes sobre os produtos máis frescos e sobre como se poden cociñar», comenta.

Carmen despacha na súa tenda unhas 250 pezas de pan ao día. Ao seu negocio, concorren varias panaderías como O Pan Artesán do Manuel, Chousa, Lino Cobas ou Madrid en Lugo. «Aquí véndese moita froita e moito pan. Tamén teñen moita saída o embutido galego e as verduras do país», conta.

Consiga AQUÍ a información completa

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos

Carmen Boquete (Foto: Xesús Ponte)
Carmen Boquete (Foto: Xesús Ponte)