Mágoa por Alonso
17/04/2009 - Ricardo Timiraos Castro
Entereime tarde da morte do meu compañeiro de Maxisterio José Alonso Sánchez, natural de Vilaronte (Foz). A verdade é que colleume con moita sorpresa e máxime sabendo que foi en Madrid, polo que me imaxino das súas conversas, preto do meu lar. O corazón aceleróuseme e a door cravouse na ialma. Alonso era un dos pouco homes ó que realmente quixen. Non só polo servicial que sempre foi conmigo, nin siquiera por ise empuxe que sempre requiriran os meus proieutos (se en Lugo hai algúns libros do meu último tamén a il llo debo), nin tampouco porque fose quen se acordara de mín para as celebracións das comidas da promoción ( ía a poucas polas distancias), nin tampouco porque me brindara organizar no meu pobo,Viveiro, aquelas tertulias de actualidade en Antena 3, aló polos tempos en que nos iban a redimir de Sadán Huseim.
Información relacionada
Recordar a Alonso é ver un rostro sorrinte, e sentirse reconfortado cun aperta sincero, e disculpar calquer erro alleo cun quévasfacer. É a xenerosidade con cor de home.Persoa inquieta que comenzou o seu oficio de xornalista coma cronista de fútbol —ríame con il dicíndolle que non tiña puta idea, que quen sabía en Lugo de fútbol era Maloca (Manuel López Castro, redactor do Progreso, do que gardo tamén gratísimo recordo). Era un vacile cordial. Despois sigueu a traballar, na Voz primeiro, e logo no Progreso. No verán eu leía algúns artigos dil na sección da Mariña e notábase como había evolucionado en documentación e bagaxe literario.Agora parece que ía a Madrid de conferenciante.
Ultimamente, con motivo da súa xubilación, recibira un homaxe (tiven noticias pola invitación de Otero Calvo, a quen llo agradezo,sentinno ben, e tratei de escusarme polo compañeiro e amigo Xusto López polas consabidas limitacións dún).
Hoxe, niste Viveiro que foi o teu lar e se viste de procesións, prégolle á Virxen das Doores pola túa dona Esther e os teus fillos para que a soedade lles sexa liviana e os reconforte coa túa xenerosidade. Por ti non pido porque son testigo diante Deus de que mereces o Ceo. E nesa encomenda sempre compre ser xeneroso. Gracias, Alonso, pola túa vida que foi exemplo de superación, de altruismo, de bondade… de fermosísimos nomes e adxetivos que adornaban a túa ialma. E mentras nos esperas, pois nós xa somos coma unha vella árbore machadiana fendida pola door da perda dos seres queridos, brinda connosco, aqueles que verdadeiramente sentímoste como amigo.







