Literatura
Uxío Novoneyra será o homenaxeado das Letras Galegas
27/06/2009 - Galiciaé
Finalmente, o escollido foi o Poeta do Courel. Uxío Novoneyra será o homenaxeado o Día das Letras do 2010, ano no que se cumpre o décimo aniversario do seu pasamento. A Real Academia Galega escolleu o seu nome de entre o resto dos candidatos, pese a que moitos deles levan tempo soando nas quinielas. O lucense competía man a man co pensador ferrolán, Ricardo Carvalho Calero, que terá que seguir agardando.
Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. O futuro escritor pasa a nenez e mocidade neste marco xeográfico courelán da Galicia arredada que segue conservando nese momento os seus tradicionais modos de vida e que conformará cos súa particular impronta as experiencias básicas da futura creación poética do autor, de inspiración esencialmente telúrica. Da mesma maneira, o ambiente histórico represivo da convulsa situación da década dos trinta e comezos dos corenta, que coincide cos anos de nenez e mocidade, deixarase ver máis tarde na súa poesía.
Relacionado durante a súa xuventude con intelectuais e artistas como Manuel María, Luis Pimentel, Anxel Fole ou Ramón Piñeiro, volveu a residir no Courel entre os anos 1953 e 1962, unha volta que deixou unha profunda pegada na súa obra. Morreu en Compostela no 1999.
Mil sinaturas respaldaron a súa candidatura
O vindeiro 30 de outubro cumpriranse dez anos do seu pasamento, e a asociación Amigos de Uxío Novoneyra leva dous recollendo sinaturas para que o traballo do lucense non caese no esquecemento.
O pasado mes de abril entregáronlle ao presidente da Real Academia máis de mil sinaturas, entre as que se atopaban a do tamén escritor Agustín Fernández Paz --"Chegaría un único verso para apoiar a candidatura ('Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!')"--, e a do cantautor Miro Casavella --"Imprescindibel o nomeamento de uxio pra as letras galegas do 2010 e o gran poeta de galiza e da sua natureza natureza. Galicia, será a miña xeneración quen te salve, irei un dia do Caurel a Compostela por terra liberada..."--. Unha 'mensaxe subliminal' do apoio social co que había detrás da candidatura do poeta.
Así as cousas, as Letras do 2010 serán para Novoneyra. E mentres, entre os mozos seguirá a circular a mesma pregunta: "para cando Lois Pereiro?"
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.







