Literatura

Uxío Novoneyra será o homenaxeado das Letras Galegas


Etiquetas: literatura, libro, poesía, Día das Letras, vídeo

27/06/2009 - Galiciaé

Finalmente, o escollido foi o Poeta do Courel. Uxío Novoneyra  será o homenaxeado o Día das Letras do 2010, ano no que se cumpre o décimo aniversario do seu pasamento. A Real Academia Galega escolleu o seu nome de entre o resto dos candidatos, pese a que moitos deles levan tempo soando nas quinielas. O lucense competía man a man co pensador ferrolán, Ricardo Carvalho Calero, que terá que seguir agardando.

Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. O futuro escritor pasa a nenez e mocidade neste marco xeográfico courelán da Galicia arredada que segue conservando nese momento os seus tradicionais modos de vida e que conformará cos súa particular impronta as experiencias básicas da futura creación poética do autor, de inspiración esencialmente telúrica. Da mesma maneira, o ambiente histórico represivo da convulsa situación da década dos trinta e comezos dos corenta, que coincide cos anos de nenez e mocidade, deixarase ver máis tarde na súa poesía.

Relacionado durante a súa xuventude con intelectuais e artistas como Manuel María, Luis Pimentel, Anxel Fole ou Ramón Piñeiro, volveu a residir no Courel entre os anos 1953 e 1962, unha volta que deixou unha profunda pegada na súa obra. Morreu en Compostela no 1999.

Mil sinaturas respaldaron a súa candidatura
O vindeiro 30 de outubro cumpriranse dez anos do seu pasamento, e a asociación Amigos de Uxío Novoneyra leva dous recollendo sinaturas para que o traballo do lucense non caese no esquecemento.

O pasado mes de abril entregáronlle ao presidente da Real Academia máis de mil sinaturas, entre as que se atopaban a do tamén escritor Agustín Fernández Paz --"Chegaría un único verso para apoiar a candidatura ('Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!')"--, e a do cantautor Miro Casavella --"Imprescindibel o nomeamento de uxio pra as letras galegas do 2010 e o gran poeta de galiza e da sua natureza natureza. Galicia, será a miña xeneración quen te salve, irei un dia do Caurel a Compostela por terra liberada..."--. Unha 'mensaxe subliminal' do apoio social co que había detrás da candidatura do poeta.

Así as cousas, as Letras do 2010 serán para Novoneyra. E mentres, entre os mozos seguirá a circular a mesma pregunta: "para cando Lois Pereiro?"

5'0 (7 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



3 comentarios

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#3 Por outonin 27-06-2009 23:19

Normal

Inmensamente feliz del reconocimiento a un conciudadano de la tierra de mi abuela


#2 Por AnxelaLemos 27-06-2009 19:57

Normal

Totalmente merecido.
Gracias Uxio pola túa obra.


#1 Por Formigueiros 27-06-2009 18:58

Destacado


!CONSEGUIMOLO! UXIO baixa do Olimpo en 2010. Ven a Nosa Xuntanza.

O Bardo do Caurel - O Poeta da Nosa Terra - Letras Galegas 2010 -



"Vamos do Caurel a Compostela por Terras Liberadas".



Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>