DA CAPO

Beiras


Etiquetas: Da capo, Eduardo Gutiérrez, homenaje, Otero Pedrayo, Xosé Manuel Beiras, premios y distinciones, nacionalismo

01/07/2009 - Eduardo Gutiérrez

A Fundación Otero Pedrayo decidiu outorgar o Premio Trasalba a Xosé Manuel Beiras, por "toda unha vida dedicada ao galeguismo, na máis xenerosa tradición do que significou no seu dia a xeración Nós". Unha atinada definición que compendia a intensa andaina biográfica de Xosé Manuel Beiras: catedrático, pensador, ensaista, activista a prol do humanismo e do seu país e, por iso mesmo, político. Sabemos que isto non é unha ‘laudatio’, que en todo caso mereceria un mais inspirado autor, pero ao tecer estas breves liñas, xurde a comparanza coa peripecia biográfica de Castelao, que arrombou a vocación de debuxante para se lanzar á política. Beiras cultivou con brillantez as suas aptitudes de economista fornecendo a mais decisiva argumentación a prol de Galiza: a económica en tempos enxoitos e limitados, mais ao mesmo tempo mergullouse na política na época da clandestinidade por medio dun dos instrumentos mais decisivos na nosa recente historia, o Partido Socialista Galego. Mais tamén houbo unha renuncia, que foi a de pianista, á que pensou seriamente en dedicarse como profesional. A música segue a ser unha das suas paixóns, compatible con outras moitas, alén das propias especialidades.

A dimensión política, pois, ocupou unha boa parte do seu tempo, nunha entrega absolutamente xenerosa e altruista. El foi quen de unir o nacionalismo, dotalo dun rostro amable e dun deseño estratéxico acaido e intelectualmente solvente. Se xa de novo era unha esperanza para os vellos galeguistas, o paso do tempo converteuno nun verdadeiro líder no máis pertinente sentido da palabra: o seu engado abranxe todos os segmentos sociais. Á altura do ano 1997 o grupo que lideraba converteuse na segunda forza parlamentar galega e nunha alternativa crible. Claro que tais espectativas espertaron o dragón aparentemente dormido, pero realmente agachado na amálgama da organización.

Houbo momentos nos que ao lider se lle ofreceron posibilidades de empuñar a espada Nottung e degolar o monstro, do mesmo xeito que Sigfrid partira en dous a bigorna de Mime. Pero iso seria contraditorio co seu ideal participativo e coa idea de facer colectivas as grandes decisións, aparte de confiar na conciencia colectiva, virtudes que o adornan, ainda que non todos participamos de aquilo da esperanza celta que nunca se cansa, que dixo Castelao no seu Alba de Gloria.

Pero non é ainda o momento das memorias e das páxinas da historia, senón a da homenaxe cordial e merecida, sinxela e emotiva, unha especie de aturuxo do estilo de Azos e adiante... como titulou outro incansable, Alexandre Bóveda, un seu artículo. E neste caso, baixo "a sombra imensa de Otero Pedrayo", a quen Beiras coñeceu e tratou desde moi novo e a quen admirou.

Ainda que lonxe da casa de don Ramón en Cima de Vila, á felicitación e recoñecemento xeral, unimos o noso.

3'8 (4 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>