Un país idiota


Etiquetas: Pinto Antón, fútbol

02/07/2009 - Juan Antonio Pinto Antón

Un país de idiotas. Vale, retiro as últimas palabras. Por non ofender, aínda que todos deberiamos sentírmonos ofendidos. O fútbol. Este Florentino Pérez, rei Midas redivivo. Este Real Madrid, moitísimo máis que un club. Este planeta sucio do balón redondo.

Estoupan foguetes de palenque nas portadas dos medios. Un tal Kaká, purosangue brasileiro, custa sesenta e cinco millóns. De euros. Canto custa un meniño da rúa do seu país? Outro campión bípede e pedestre, Cristiano Ronaldo. Namorado dos espellos mediáticos é unha mestura de potencia física e malabarismo, unha ambición de vintecatro anos e un ego desmesurado. O portugués vén de romper a banca con noventa e catro millóns. De euros. Non fagan as contas da vella. Fíxenas eu e saen case dezaseis mil millóns de pesetas. Cómpre non esquecer esa moeda por se a Europa dos euros e dos mercadores vai ó carallo.

Din que vai cobrar cada ano nove millóns netos. De euros. Non fagan as contas, fíxenas eu. Se vostede tivera a grandísima sorte de traballar os corenta e sete anos da súa vida laboral (que non a vai ter), precisaría nove vidas para ganar o que gana nun ano este mozote, alto e moi guapo, que colga do colo de touro un Cristo crucificado con ouro.

Un país idiota entende pouco de números. Ninguén vai decatarse de que o presuposto anual da cidade de Lugo, 106 millóns de euros, é o que custa fichar e pagar a este señor. Ninguén pregunta polo futuro de ferro e desesperanza dunha xeración enteira de xoves que nin poderán soñar en ser mileuristas. Ninguén protesta porque os Kakás e Ronaldos paguen en España a metade dos impostos que pagan en Francia, ou que coticen ó tipo fixo do 24% mentres os futbolistas españois pagan o dobre.

Falan os xornais dos hospitais que se poderían facer con eses cartos, das residencias de anciáns que poderiamos construír, tantas necesidades urxentes, tanto burato que tapar nesta crise de medos e bágoas. Cada vez que o balón redondo lle pete no cu, serán máis cartos dos que cobra o presidente do Goberno.

Que tipo de competición queda nesta liga, nesta copa, onde dous xigantes, Madrid e Barça, mexan enriba dun fato de dezaoito equipos ananos? E quen pagará esta tolería? A anterior pagouna unha recalificación urbanística. Florentino fixo as súas contas: pagaremos vostede e máis eu. En burbullas de ladrillos ou de quilovatios, en recalificacións, en… Polo camiño quedan eses tres ou catro mil millóns de euros que endebeda o fútbol dos presidentes tarabelos.

Vostede e máis eu pagaremos os cartos que negamos á investigación, á intelixencia, ás vacinas, ás curas urxentes deste planeta ferido, ás facturas para manter unha biodiversidade cada ano máis pobre. Gastamos en Kakás e Ronaldos os euros que sacamos da boca dos famentos, deses douscentos millóns de nenos escravos.

Engadan aquí tódolos datos que se lles ocorran coas tripas da demagoxia, ou coas neuronas da decencia. Sumen as razóns para denunciar a obscenidade dun país que paga infinitamente máis polas couces que polas ideas.

Que nos converte a todos nun país de idiotas.

4'6 (12 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



6 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#6 Por Delimus 03-07-2009 11:55

Normal

Visto lo visto y leído lo leído creo que al artículo no le sobre a ni una coma.
Efectivamente somos un país bastante idiota y culturalmente tercermundista.
un saludo


#5 Por Deportivista 03-07-2009 09:50

Normal

¡Viva el fútbol! ¡Viva el Dépor! Y Viva la seleción española!


#4 Por Capri 03-07-2009 09:27

Normal

¿Que sería de nós sen o fútbol?
Hai casos algo escandalosos pero a inmensa maioría dos equipos e dos futbolistas non cobran esas cantidades.
Coa crisis que hai se non puideramos olvidarnos dela co futbol...


#3 Por Indignado 02-07-2009 22:49

Normal

A estes astros do deporte xamais deberíamos dar tanta importancia.
Os que realmente tiran do carro da sociedade son os investigadores ¿Coñecemos o nome dalgún?
Ou os médicos que loitan contra a enfermidade e descubren novas formas de curar ¿Cales son os seus nomes?
¿Onde están os nomes dos científicos, dos pensadores, dos directores de orquesta, etc, tanta xente necesaria.
¿E cales son os seus soldos?
É indigno e indignante que a estes idoliños se lles pague tan obscenamente.


#2 Por anonimo 02-07-2009 19:33

Normal

Pues sí, el problema no es otro es que España es un país de idiotas. Mileuristas, paro desbocado, carestía de un bien tan básico como la vivienda, corrupción generalizada... y no pasa nada, oigan. Eso sí, como tu equipo de fútbol descienda, a la calle a montar la de San Quintín, tal y como ocurrió en 1995 en Vigo y Sevilla cuando las directivas del Celta y del Sevilla, respectivamente, no presentaron avales que cubriesen el astronómico porcentaje del 5% de sus presupuestos.

Lo de "país idiota" no debió retirarlo, es la verdad.


#1 Por Teresa 02-07-2009 19:21

Normal

¡¡¡Plas, plas, plas!!!


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>