O Salón de Outono formúlase como unha ''oportunidade económica''


Etiquetas: arte, exposición, Sarria

17/07/2009 - Agustina Guarc / El Progreso (Sarria)

A quinta edición da exposición do Salón de Outono de París, que mostra as obras de artistas de 14 países do mundo, abriu este xoves ao público no edificio do antigo cárcere de Sarria. A mostra, que poderá visitarse ata o día 23 de agosto, constitúe un gran escaparate artístico —con 120 obras— e tamén unha "oportunidade económica", segundo destacaron este xoves as autoridades asistentes á inauguración.

Ao acto, seguido por numerosos veciños, acudiron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido; o presidente da Deputación de Lugo,  José Ramón Gómez Besteiro, e o comisario da exposición e escultor sarrián, José Díaz Fuentes.

O rexedor destacou a importancia da mostra como "unha páxina máis na cultura artística plástica de Sarria". Así, reivindicou a arte como "a comunicación entre o artista e o espectador". Tamén resaltou a relevancia de Sarria como "berce de artistas que cada día nos sorprenden máis".

Economía
Pola súa banda, José Díaz Fuentes, presidente tamén do Centro Unesco de Sarria, destacou a faceta económica da arte ao asegurar que "a cultura é economía e permite darse a coñecer e mover á xente". Tamén falou de comunicación "a nivel internacional a través do Centro Unesco". Así mesmo, concluíu o seu discurso asegurando que seguirán adiante "con todos os esforzos que isto implica, que son moitos".

O presidente da Deputación coincidiu co comisario da exposición ao referirse a este acontecemento como "unha oportunidade económica". "é de destacar o interese que está a espertar Sarria no ámbito cultural", agregou.

O Salón de Outono tamén se instalará na abadía benedictina de Samos e no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago. Nos tres lugares, mostrará en conxunto 300 pezas de arte.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Inauguración da exposición (Foto: Guarc)
Inauguración da exposición (Foto: Guarc)