CUESTIONARIO IMPERTINENTE

Grial Parga: ''Cando o sol apreta boto máis horas coa Xbox''


Etiquetas: Grial Parga, cuestionario impertinente

19/07/2009 - Marta Veiga (texto) + Sebas Senande (fotos) / El Progreso (Lugo)

O crítico de cine de El Progreso é un home do seu tempo, criado cos comecocos e dos que pensan que a consola non é un xoguete (ou si, pero non de uso exclusivo para nenos). Parafraseando a The Clash, diríamos que Godard coñece a Nico Bellic, o heroe do GTA IV. Politólogo, analista de medios e con cadeira na tertulia cultureta do Extrarradio da Radio Galega, tamén sofre o verán.

1. Non falta no seu i-pod
 a) Reggaeton.
 b) Música clásica.
 c) Pop petardo.
 d) Os greatest hits de Julio Iglesias.

2. Para vostede a canción do verán é..
✘ a) Unha tortura.
 b) Algo que agarda con ganas.
 c) O que?

3. Nesta época vostede ponse...
 a) Estupendo.
✘ b) Insoportable.
 c) Ímola virando.

4. A operación biquini comézaa...
✘ a) Vive nela.
 b) Rigorosamente o día 15 de xuño.
 c) Si, opero o biquini.

5. O verán gústalle por...
 a) Porque hai vacacións.
 b) Porque os/as mozos/as levan menos roupa.
 c) A quen lle gusta o verán?
 d) Polo que foi máis que polo que é.

6. Un superheroe...
 a) A Muller Marabilla.
 b) O Incrible Hulk.
 c) Lobezno.
 d) Supermán.

7. Nunca lle dixeron:
 a) Non es ti, son eu.
✘ b) Quérote coma a un irmán.
 c) Es demasiado bo para min.

8. Que nunca falta na súa maleta cando vai de viaxe?
 a) Fío dental.
✘ b) Un libro.
 c) O bañador.

9. Que non faría nunca?
✘ a) Meterme nun concerto da xira de Operación Triunfo.
 b) Botar a tarde falando nunha cafetería.
 c) A miña relixión prohíbeme pensar no que non faría.

10. Cando o sol apreta.
 a) Anima a materializar calquera fantasía.
 b) Baixa a tensión e quita as ganas de todo.
 c) Suar? Que ben!
 d) Boto máis horas coa Xbox.

11. Da fauna de praia mételle máis medo...
 a) Os clons de Karina Fálagan en biquini.
 b) Á que habita na ensadadilla.
 c) Á medusa do amor.
 d) Témoa enteira. Flora e fauna.

12. Vexo todo
 a) En branco e negro.
 b) De cores.
✘ c) Gris.

13. Un plan:
a) Chill-out en Ibiza.
✘ b) Un festival de rock.
c) Unha sesión vermú coas orquestras Panorama e París de Noia.

14. O avituallamento ideal para esta estación:
✘ a) Cervexa.
 b) Tinto de verán.
 c) Piña colada.

15. Elixa o deporte máis axeitado para tempos estivais:
 a) Barra fixa, tanto de día coma de noite.
 b) Ver o Tour de Francia pola tele. Mentres bota a siesta a serpe multicor sobe o Alpe d'Huez.
✘ c) Case sempre en horizontal.

16. Síntese máis:
✘ a) Gafapasta.
 b) Pagafantas.
 c) Gastaspista.

17. A que defuntiño lle poría unha ouija?
✘ a) Françoise Truffaut.
 b) Stanley Kubrick.
 c) Walt Disney.
 d) David Foster Wallace.

18. O verán da súa vida sería...
 a) O de Caro diario, de Nani Moretti, con Nani Moretti e a súa hipocondría.
b) O de Pradolongo, de Ignacio Vilar, con Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto.
✘ c) O de O xendarme en Saint Tropez, de Jean Girault.

19. Pórse moreno é para vostede:
 a) Unha obriga.
 b) Unha ordinariez.
✘ c) Unha entelequia.

20. Unha icona pop:
 a) David Bowie
✘ b) Austin Powers.
 c) Amadora, de Os Tonechos.

21. Que estrea agardou con máis ganas este verán?
 a) Brüno.
 b) A sexta de Harry Potter.
 c) Ice Age 3.
 d) Up.

22. A banda sonora do seu mellor verán:
 a) A de Verano azul
 b) A de Californication.
✘ c) A de Os vixiantes da praia.

2'9 (8 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario