Opinión

Xente de cultura por floreiros atrapavotos

NAS ÉPOCAS DE crise e descrédito aumenta o peso dos intelectuais. Crece o número de comprometidos, tanto como para colocarse na primeira liña política. Historicamente nos momentos difíciles foi cando máis protagonismo alcanzou a xente de letras. Agora non é excepción. Nesta complicada conxuntura non hai máis ca mirar as candidaturas de Madrid para apreciar o seu alcance. Figuras como García Montero, Gabilondo ou Carmena danlle empaque ás listas electorais. E saíndo de Madrid hai personaxes coñecidos que pasan por primeira vez á area política e que dignifican a vida pública, como Puigcorbé en Barcelona, Fernando Delgado en Valencia ou Ángeles Caso en Oviedo. Parece que coa crise xermola a xente da cultura como substituta dos deportistas, que outrora foron floreiros atrapavotos, como Montserrat Domínguez, Ruth Beitia ou David Cal. Tempos de remoción.

Comentarios