Idioma

Máis de 250 persoas respaldan en Santiago a asemblea constituínte da Plataforma Prolingua


Etiquetas: lengua, Santiago

03/10/2009 - AGN

Este sábado presentouse oficialmente na Facultade de Filoloxía de Santiago a Plataforma Prolingua, cuxos obxectivos exclusivos son a ''promoción do galego como lingua propia de Galicia'' e ''a consecución da súa oficilidade real'', segundo o manifesto do colectivo, que foi refrendado na asemblea coa presenza de 250 persoas das preto de 1.000 ''que xa están embarcadas nesta singladura'', segundo subliñou un dos seus impulsores, o doutor en filoloxía e membro de número da Real Academia Galega, Francisco Fernández Rei.

A profesora Pilar Ponte foi a encargada de porlle voz, por primeira vez nun acto público, ao manifesto, segundo o cal son obxectivos ''irrenunciables'' de Prolingua a totalidade dos contidos da actual Lei de Normaliación Lingúística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización Lingüística, que contaron, en ambos casos, ''coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia'', sinalou.

Fixo especial fincapé tamen en que a plataforma esixe que non se leve a cabo ninguna medida lexislativa que supoña a perda de dereitos por parte dos galegos a usar e coñecer a lingua e facer dela ''o seu sinal de identidade galega'', engadiu.

Único requisito
Como único requisito para as persoas que desexen pertencer á plataforma, Pilar Ponte sinalou a ''intención'' de comprometerse na defensa da lingua galega e na promoción do seu uso en todos os ámbitos, tanto públicos como privados.

Nesa mesma liña, seguindo os contidos do manifesto, argumentou que dado que a lingua galega é patrimonio do pobo, Prolingua rexeita calquera pretensión de ''apropiarse dela ou de atribuírlla'' a calquera grupo ou ideoloxía particulares, para enunciar, a continuación, que a plataforma é ''apartidaria e plural''.

Prolingua, que nos dous días previos á asemblea incorporou ao redor de cen novos integrantes, preséntase tamén como unha plataforma ''profundamente política'', segundo sinalou no acto constitutivo Agustín Fernández Paz, mestre e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, quen sinalou que están agromando en defensa da lingua ''outras plataformas irmáns'', ao tempo que advertiu que serán decisivas as accións sociais que estes colectivos emprendan.

Caras coñecidas
Outro dos participantes no acto foi o escritor Xavier Docampo, quen dixo pertencer a Prolingua ''porque estou seguro de que temos razón e, ademais, non mentimos''. Foi tamén o encargado de falar das ''accións'' de Prolingua, entre as que destacan a difusión dunha insignia da asociación; o traballo continuado para construir un ''argumentario das mentiras que se din sobre a lingua galega'', manifestou.

Entre outros moitos asistentes, participaron no acto de presentación Xosé Manuel Beiras Torrado, Camilo Nogueira, Xosé Luis Méndez Ferrín, Marisol López, Carlos Callón, Carme Hermida, Xosé Luis Rodríguez Pardo, Martín Pawley, Rafael Cuíña, Mercedes Queixas ou Henrique Costas.

5'0 (11 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



25 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#25 Por Leire 05-10-2009 10:27

Normal

Alberto Gúrtell Feijóo manexa máis da metade do gasto público en Galicia e, desde que él desgoberna medrou o desemprego en porcentaxes que duplican a media española. Cando estaban na oposición prometían que arranxarían os problemas en catro días, pero, despois de medio ano na xunta hai que darlle a razón a #17. CO PP DE NÚÑEZ RAJOY, GALICIA É A CAMPIONA DO PARO EUROPEO. Os números non minten. Non sí?


#24 Por QUINTANILLAS 05-10-2009 09:49

Normal

Galaico mi crítica aplastante es hacia esos oscuros personajes que se declaran defensores de lenguas, naciones y demás parvadas.
Siempre les siguen los mismos y casi todos se juntan en este tipo de asociaciones ridículas como la mesa y cien mil asociaciones más donde siempre radican los frustrados de esta tierra.
Son ellos los que hacen que muchos nos neguemos a hablar gallego..no sea que alguien me compare con estos tarugos...que vergüenza.


#23 Por Galaicus 05-10-2009 08:20

Normal

Á Quintanilla!: Relacionar as linguas, como ti fás, co nivel "socioeconómico" e coa ideoloxía das persoas é absurdo e carece de todo fundamento. Polo que vexo na miña cidade, A Coruña, non son os "ricos" os que falan castelán; os xitanos falan castelán e os traballadores menos cualificados falan castelán. É dicir: ricos, pobres, cultos, incultos, de dereitas e de esquerdas. Así que falar castelán non ten ningún "pedigrí".
En canto ao galego pasa o mesmo: falan galego ricos, pobres, clases medias, cultos, incultos, de dereitas e de esquerdas...... Como calquera lingua.


#22 Por Miau 05-10-2009 00:02

Normal

Uno de los grandes cánceres de la lengua gallega son precisamente esos gallegohablantes "de aldea" que legitiman sus circunstancias y deslegitiman a los nuevos hablantes. Son los primeros que reducen el gallego a una lengua "de aldea", como si nadie pudiera aprenderla y hablarla de adulto porque le da la gana, como se puede hacer y se hace con cualquier otro idioma del mundo. Fuera complejos, por favor. Que estamos en el siglo XXI.


#21 Por CanSenDono 04-10-2009 23:53

Normal

A Lei de Normalización Lingüística, de 1984 aprobou a galeguización de topónimos de 35 municipios. Unha Proposición de Lei do Parlamento galego sobre os topónimos foi aprobada polo Pleno do Congreso dos Deputados (logo das intervencións de Pilar García Negro e María Xosé Porteiro), con 306 votos a favor. Interesante foi a intervención do diputado do PP, o sr. González Suárez, que defendeu o cambio dos topónimos La Coruña e Orense por “A Coruña” e “Ourense”, por "razóns filolóxicas, históricas e tradicionais". Lembremos que outros topónimos que se arranxaron con aquel Decreto foron: “La Puebla del Caramiñal”, “La Puebla del Brollón” e o famoso “Niño de la Guía”.


#20 Por yoyo11 04-10-2009 23:24

Normal

Nerea, echarle la culpa del paro a Feijoo , habla de tu sectarismo, falta evidente de analisis critico y de comerte las mentiras de Zp como bombones, asi nos va. Si pensases mas por ti misma......


#19 Por QUINTANILLAS 04-10-2009 21:56

Normal

Yo soy tan galleguista como Quintana, a ver si me ficha la COPE...eso sí levanto el puño en alto y canto lo que haga falta..predico al gusto de los del arado y me paseo en yates con bandera ESPAÑOLA...pero para los del arado que afortunadamente no llegan a mil les creamos mesas lingüisticas y a berrear.


#18 Por xurxo222 04-10-2009 21:41

Normal

jajaja estela xa sei que e absurdo, o dicia ironicamente demostrando que facer enquisas na educacion sobre idioma e igual de absurdo jeje.


#17 Por Nerea 04-10-2009 21:36

Normal

En seis meses, o desgoberno de Feijóo trouxo paro, paro e máis paro. E agora, todo este fracaso quere agochalo atacando a lingua galega para tratar de desviar aatención.


#16 Por Estela 04-10-2009 21:27

Normal

xurxo, en lo unico que estoy de acuerdo en pedir como tú dices es la eliminación de los impuestos, jajaja, pero conducir por la izquierda y no aprender matemáticas noooooo, que seriamos unos burros.es una ironía.xDDDDD


#15 Por xurxo222 04-10-2009 21:13

Normal

Estela iso llo dis a Feijoo haber porque en vez de centrarse no paro vivenda gasta millonadas en enquisas contra o galego, porque elimina o programa de galescolas,porque financia o colexio segregador..En resumo porque ataca constantemente o galego e tenta impoñer o castelán?.quen está a impoñer algo son eles impoñendo o castelán. onde se viu que se imppon o galego?.A caso dar galego na escola,universidade, oposicións e demais en Galicia é imposición¿?.pido referendum para que eliminen os impostos,para poderconducir pola esquerda, para que meu fillo non teña matematicas..se por pedir!.q deixen a xente expresarse en galego home


#14 Por Estela 04-10-2009 20:58

Normal

Yo estoy de acuerdo que cada comunidad hable el idioma que tenga, pero no estoy de acuerdo que quieran imponer a todas las personas que viven en ella que lo hablen , y si por circunstancias no lo aprendió o le es más facil hablar castellano idioma oficial de España?, cada uno que se exprese como quiera si le entienden que más da?, parece que el problema más importante de Galicia es el idioma, ocupense de manifestarse por la falta de trabajo y el paro tan alarmante.


#13 Por yoyo11 04-10-2009 20:50

Normal

todo esto es una justificacion para que una serie de vagos sigan viviendo del cuento. Cuantos recursos y energias perdidas, cuando lo que deberia ser es que cada cual hable lo que quiera, que bonita es la libertad y que feas son las imposiciones.


#12 Por caurelinho 04-10-2009 20:43

Normal

e se os que hoxe falan galego e antes falaban castelan reivindican agora o non maltrato desta pois ole por eles e por cambiarse, porque criticalos¿. Para a persoa que di que liberdade pois claro que si, pero non existe liberdade hoxe en dia para aprender usar e expresarse en galego, alo menos liberdade total.

Para Naranjo dicir que si é certo que moitísimos autores e xente nacionalista e independentista usa Galicia claro que si, o que eu creo que Pilar queria dicir era que Galiza é un término legal e válido, tal como o pode ser Galicia :).

Un Saudo!


#11 Por poen2009 04-10-2009 20:26

Discutible

Éstou da cordo nunha cousa, estudie en castellano hoy ya no español, algúns dos que hoxe falan galego normativo, son los mismos que sólo hablaban castellano, eu aprendín galego na aldea, porque me encantaba hablar como mis abuelos y mayores, nembargantes non entendo porque agora, me tienen que decir (os de sempre “politicos”), en que teño ou debo falar. Non recordo morto ao galego.


#10 Por punita 04-10-2009 15:26

Normal

POR QUE LA GENTE NO PODEMOS HABLAR EN EL IDIOMA QUE NOS DE LA GANA???UN POCO DE RESPETO QUE LA GENTE NO SOMOS TONTOS.


#9 Por Pontedovao 04-10-2009 15:01

Normal

Nos anos 1940, sufrin a bulra do mestre por mon falar castelan, tamen a dos demais nenos da escola que rian co animo do mestre. neste tempo vexo xente que sube o autobus urban, que vai a cidade, e fala castelan, cando retorna a sua aldea, e pon a roupa de diario, xa fala a sua lingua, ali, ningun se bulra dila, xa esta na sua casa, e moi de lamentar que neste siglo, isabel e fernando sigan montandonos, tanto isabel como fernando


#8 Por Naaranjo 04-10-2009 14:21

Normal


#6 PilarPaíño.

Gracias por tu aportación y por la forma de exponerla.

Para mi ,el término Galicia con el que he crecido,el mismo que emplearon casi todos mis poetas favoritos,Curros,Pondal,Rosalía e incluso Manuel Antonio(que si dijo Galiza en alguna ocasión-no quita que fuese una 'traducción'-)utilizaron el término Galicia.
Sin ánimo de ser cursi,incluso convendrás conmigo que Galicia es más sonoro y más dulce;cosa que Galiza es algo más áspero.
Es mi opinión
Gracias.
Un saludo.


#7 Por juajua 04-10-2009 13:28

Normal

Moi ben todos adiante, que nosa terra Galiza o merece,( repudio galicia, por ser unha forma invetada).


#6 Por PilarPaiño 04-10-2009 13:24

Normal

Naranjo, yo soy historiadora y bueno tengo estudios propios sobre filologia gallega y el idioma gallego y además de esto ( no digo que tenga la verdad absoluta, que quede claro) y como castellana hablante puedo asegurar que el término Galiza no es ningún invento nacionalista. Es ni más ni menos el nombre de Galicia pero en gallego, y que aparece en tantos escritos ya desde el siglo XIII.

Por lo tanto creo que la gente que dice Galiza no está equivocada para nada.

Un Saludo.


Página

  • 1
  • 2
  • Acceder Crear usuario

    Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





    captcha

    Cambiar por outro


    Un poco de HTML está bien
    Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>