O BNG non entende por que Baralla segue sen pediatra


Etiquetas: BNG, Parlamento, saúde, pediatría, Begonte, Baralla

07/11/2009 - El Progreso Digital (Lugo)

O deputado do BNG de Lugo, Fernando Blanco, instou á Consellería de Sanidade a que "explique por que" o centro de saúde da localidade lucense de Baralla "continúa sen atención de pediatría" e pediulle que informe "se ten pensado solucionar esta situación". O parlamentario nacionalista tamén quere saber se este departamento da Xunta vai incrementar as horas de atención no centro de saúde de Begonte.

Branco presentou dúas preguntas respecto diso na Cámara galega, co obxectivo de que as responda a titular da consellería, Pilar Farjas.

Os nacionalistas critican que este departamento “non considere necesario actuar no concello de Baralla" tras habelo feito recentemente no do Cádavo (Baleira), que estivo catorce meses sen atención pediátrica.

Fernando Blanco recorda que Baralla é un municipio que “tamén ten unha forte demanda e necesidade” destes servizos. Para apoiar a súa proposta, o BNG bota man das estatísticas do Sergas, que sinalan que Baralla conta con case 3.000 persoas con cartón sanitario, ao redor das cales unas 200 son menores de 14 anos. Trátase de potenciais “usuarios de atención pediátrica”, que na actualidade teñen que desprazarse a outras localidades que si contan con este servizo.

5'0 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



5 comentarios

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#5 Por pcc 09-11-2009 00:03

Normal

-A odarom: 30 Abril, 31 Mayo, 30 Junio, 31 Julio, 31 Agosto, 30 Septiembre, 31 Octubre, 9 de Noviembre, sonche os xornales que lles levamos pagados a úns politicos que para nada milloraron a sanidade en Galicia. Pagar libros, comedores escolares, chanchullos en oposicións, etc... en fin aplicar a politica do PP.


#4 Por odarom46 08-11-2009 20:54

Normal

Neste pais o caso e votarlle a culpa alguén, menos o que a ten. Vexamos. Feijoo leva un pouco mais de cen días no governo e xa e culpable de todos os males. O BNG e PSG son tan burros, que pensan que descalificando van volver a Xunta, e non e asi, a Xunta poden volver (que o vexo dificil) aportando solucions. Pero que se pode pensar de xentiñas como o Pachi ou Guillerme ..........


#3 Por pcc 08-11-2009 13:49

Normal

!Como para ser novo, e ir vivir o Rural!, a culpa non é de Feixóo, a culpa é de quen o puxo haí, os que votaron por él. Baralla ten entidade poboacional suficente como para ter un pedíatra. Digo. Estar votandolle a culpa os anteriores, non é solución ninganha.


#2 Por Biriato 08-11-2009 10:53

Normal

Y para poner un pediatra en Baralla, ¿de dónde lo quitamos?
A lo mejor ahora en otoño salen como las setas.
O quizá empiecen a cobrar las toneladas de medicamentos que se recetan y de los que solo se toma una pastillita y acaban en el cubo de la basura; así se ahorraría para que nuestros médicos no se vayan a Portugal, donde les pagan bien y les respetan mucho más.
Pero eso es políticamente imposible en esta demo-gerontocracia.
Parafraseando a los Coen: "no country for young men"


#1 Por ferrete 07-11-2009 19:46

Normal

Pero se levan 14 meses sen pediatra Baleira e Baralla iso era en pleno goberno do bipartito. Que pasou que Fernando Blanco asistía aos consellos da xunta por videoconferencia sen sonido, ou estaba mudo daquela, ou fixeronselle tan longos estes sete meses na oposición e pensa que xa leva catorce, e o que deixou sen pediatra estes concellos foi Feijoo. DESPERTA, fostes vos, vos, vos. Feijoo xa arreglou metade do problema (O Cádavo) e agora o sr Blanco ten que berrar antes de que solucione a outra metade e teña que seguir mudo como cando gobernaba.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>