Santiago

O colectivo 'Galego Patrimonio da Humanidade' pide ''a volta do PP ao consenso na lingua''


Etiquetas:

14/11/2009 - Ángela Pontes. AGN

O teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu este sábado o acto cívico convocado polo colectivo 'Galego Patrimonio da Humanidade' para facer un chamamento ao Partido Popular para que ''volva ao consenso que tiña pactado sobre a lingua co PSdeG e o BNG''.

A pesar de que a celebración era para invitar aos populares a retomar o diálogo e á colaboración, ningún membro deste partido acudiu, segundo sinalou o mestre e escritor Antón Baamonde, a súa vez un dos fundadores de 'Galego Patrimonio da Humanidade'. Si o fixeron diversos deputados do BNG e do PSdeG, o propio alcalde de Compostela, José Antonio Sánchez Bugallo, ou o conselleiro maior do Consello de Contas, Antonio López.

A apertura do acto foi da man dos acordes do músico galego Roi Casal. O contacontos e escritor, Cándido Pazó foi o conductor deste evento en defensa da lingua, no que interviron, en primeiro lugar, os secretarios xerais da UXT e CCOO, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión.

Un asunto de todos
Seguidamente, diante dun público que abarrotou o local, tomaron a palabra persoas de diversos sectores sociais, como a profesora e escritora Marilar Aleixandre, o director do Xelmírez I, Manuel Mejuto, ou a avogada Mari Luz Canal. Tamen o fixeron María Victoria Otero, decana da Facultade de Matemáticas, Xurxo Martínez, estudante de Vigo e a actriz Tamara Canosa.

Coas intervencións de todas estas personas pretendíase facer ver que o galego non é só un problema que afecta ao Goberno, senón que é unha causa transversal e plural que incumbe a todos, ''independentemente da ideoloxía política, clase social ou ámbito de traballo'', sinalou Antón Baamonde.

Os alí presentes coincidiron en sinalar que pretendían captar a atención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, e do seu Goberno para que ''recapaciten e volvan ao consenso que tiñan establecido cos outros partidos maioritarios galegos'', dixeron.

Ademais, denunciaron que un Goberno ''non pode acabar'' cun idioma e que hai que ter as mesmas leis para o galego e o castelán, ''xa que ambos os dous son idiomas oficiais de Galicia'', concluíu Baamonde.

5'0 (7 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



23 comentarios

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#23 Por ferrete 16-11-2009 15:26

Normal

Sakis, todo o que dis non, pero unha partemoi importante garda moita distancia ca realidade.


#22 Por Muidiño 16-11-2009 11:06

Normal

E a culpa de todo ZPARO, que lle da os cartos a os catalans e vascos pra que lle voten e seguir gobernando xunto a eles, e nos os galegos, damoslle os votos a cambio duns patacos, si a o final, temos o que nos merecemos.


#21 Por sakis 16-11-2009 07:00

Normal

Pois é ferrete, e agora digo que son o rector da universidade de Santiago e quedo tan pancho. E que me queres dicir con iso?, o feito de traballares nese sector quer dicir que todo o que acabo de escribir non é certo, e que non tes que xustificar os teus posicionamentos polo emprego que tes?. Homeeeeeeeeee, un pouco de criterio ho!


#20 Por ferrete 15-11-2009 23:35

Normal

Sakis véxote moi posto no tema educativo en Galicia. Eu diso non che sei nada, emburreime cos vintecatro anos que levo de docente . . . . público . . . nunha EOI. Capisci?


#19 Por Muidiño 15-11-2009 23:01

Normal

E como non chegan os cartos, a culpa de todo e de ZPARO.


#18 Por Talo 15-11-2009 22:26

Normal

Meu rei, ves o que queres ver.....


#17 Por sakis 15-11-2009 22:23

Normal

Non ferrete non, o nivel cultural vai aumentar cas reducións de profesorado nas EOI´s, na redución de bolsas ó estudio e de doutorado, pola eliminación do profesorado de apoio e a subvención a escolas do Opus, por medio dunha enquisa sen nengún tipo de garantía, sen contar con boa parte da sociedade galega, con preguntas viciadas e da que pasou máis da metade dos participantes... que costou unha millonada, como millonada costou cambiar toda a sinalectica das galescolas, con iso poderíanse comprar centos de libro de textos gratuitos pros estudiantes galego ou continuar cas axudas á tradución en galego... así é como se incrementa o nivel cultural.


#16 Por ferrete 15-11-2009 22:12

Normal

Talo, eu so intento comprender as tuas sexudas (feitas co sexo) intervencións e ti devolves insultos cara min. Que dicias do vello facha cheirento? era autobiográfico?


#15 Por Talo 15-11-2009 21:40

Discutible

Acordome de un vello facha que cheiraba que apestaba.
E disenlle! E lavase de cando en vez.
E dime ! Non me da a gana, a min nadie me obliga por collons.
Esto e como ferrete con sua lingua.


#14 Por Talo 15-11-2009 21:17

Normal

Os unicos Talibas foron os de o 18 de xulio do 36,cando loitaron contra o Exercito Republicano aqui en Lugo na Gran Batalla das Murallas lugesas.
Estudia ferrete estudia,igual asta che gusta.


#13 Por Ronaldinho 15-11-2009 21:15

Normal

Digámolo de novo e repitámolo sempre que faga falta. O circo Feijóo tivo menos audiencia que o da competencia. Só a extraña lei de circos establece que un espectador do concello ourensano da Porqueira (onde Feijóo enche a carpa) conte case o doble que un espectador de Vigo, onde barre o holding do BNG/PsdeG. Así que menos fumes, menos galegofobia, menos caixafobia, menos ventofobia e menos quitarlle as axudadas aos discapacitados galegos, que isto xa é unha vergonza absoluta.


#12 Por ferrete 15-11-2009 20:57

Discutible

Talo, a ver se dou apreciado o teu complexo e sesudo argumento:
Feijoo gañou en Galicia grazas aos nostálxicos do 18 de xullo, non pola noxenta política do bipartito.
O nivrl cultural dos galegos vai aumentar grazas as galescolas e o talibanismo normalizador do BNG, polo que entón aos galegos seranos revelada a verdade democrática, volverá o bipartito e Feijoo ira bailar sevillanas porque Andalucía estará gobernada polo PP.
Estou nocerto, entendinte?


#11 Por Talo 15-11-2009 20:48

Normal

Pois esperamos que o nivel cultural aumente e retonemos a auha Galicia democratica.
Feijo que se vaia a bailar sevillanas.


#10 Por raposo 15-11-2009 19:32

Normal

parace que alguno (más bien varios)aún no se han enterado que el circo Feijoo fué quién recibió el apoyo mayoritario de los gallegos, pués por algo ha sído, entre otras cosas por haber querído imponernos el gallego a machete; así que ahora a sufrir y recapacitar para cuando sean las próximas.


#9 Por Talo 15-11-2009 19:03

Normal

Con isto do consenso por lei aprovado no parlamento os fachas van mui atrasados, ainda quedaron atascados na lei do 18 de xulio do 36 da españa grande e libre.
Pobres infelices


#8 Por ferrete 15-11-2009 18:43

Normal

Sigo asombrado do que lles dura a pataleta a aqueles pesebristas do bipartito que todo o que ule a "progresismo" e guay e todo o que ule a "conservador" está podre por definición. Nunca pensaron que só durara catro anos. Ahora reaparecen con forza os do Nunca Máis, os da CIG preparando por toda Galicia cursiños "como tocarlle os h. o goberno do PP", transporte en audi, cómodas sillas de deseño modelo San Caetano, plano turístico de Allariz, viaxe en iate de constructor e visita panorámica de Oia (opcional), e todo por quince euros os xubilados e gratis para sindicalistas e cargos cesados do bipartito. O chapapote por conta das adxudicatarias do anterior concurso eólico.


#7 Por sakis 15-11-2009 18:39

Normal

Muidiño, e en que lingua preguntas tu?, e se compartimos as dúas linguas porque temos que cambiala pra acomodarnos á que emprega o noso interlocutor?, e como nos poden responder en galego se moitos non o saben falar e non lles importa?.


#6 Por NuncaMais 15-11-2009 17:42

Normal

Desde que o circo Feijóo anda de tournee por Galicia os problemas se multiplican. Estamos diante dunha marea negra de ineptitude, galegofobia e desgoberno con rumbo directo de colisión contra a Costa da Morte. O resultado é o agardado. A galegofobia vai unida á caixafobia, a ventofobia á parálise e ao desgoberno. Só quen valora o propio pode coidar con eficacia da herdanza familiar. Como todos sabemos, aqueles que desprecian o patrimonio, dilapidano. É lei de vida. O galego, amigos, é umn dos nosos maiores activos. Tamén nesto erra Feijóo. Atacando a identidade ataca tamén a nosa imaxe de marca como país, ataca por tanto o cerne da nosa economía. So os parvos non o ven.


#5 Por critico 15-11-2009 15:50

Normal

Citroen, con problemas de ventas, o sector lacteo a piques de irse o tacho, Pascual a punto de cerrar, e estes ocupandose do uso da "lingua". Cada quen que fale como lle dea a gana, en galego ou en castelán, o caso é entenderse home. Si vos preocupasedes de levantar o país, e vos deixásedes de chorradas inútiles...


#4 Por Muidiño 15-11-2009 15:42

Normal

Pero, ¿tan dificil e compartir os dous idiomas,de manaira que o que quera castelán, pois castelán, e o que queira galego, pois galego?, si un fai unha pregunta en castelán que se responda en castelán e o que fai unha pregunta en galego, a resposta sexa en galego, non entendo tanta frustación "en galego ou en castelán"


Páxina

  • 1
  • 2
  • Acceder Crear usuario

    Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





    captcha

    Cambiar por outro


    Un pouco de HTML está ben
    Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>