AUGA LIZGAIRA

Linguas, educación e partidos de fútbol


Etiquetas: Auga lizgaira, Paco Martín, lengua, fútbol

23/11/2009 - Paco Martín

Hai ben poucos días os compoñentes do equipo de fútbol do Alcorcón, que xogan na Segunda B —que é coma unha especie de eufemismo para nomear ao que de sempre viñera sendo a terceira división— fixeran, por ida e por volta, unha demostración de responsabilidade e confianza nas súas aptitudes xogando a eliminatoria da Copa que os enfrontaba ao Real Madrid, vencendo nela e conseguindo que a localidade que dá nome ao equipo aparecese citada en moitos medios de comunicación de todo o mundo e fose así coñecida por unha chea de persoas que antes diso nin tan sequera sospeitaban de que Alcorcón existise, persoas que, ademais, deberon quedar ben agradecidas de poder comprobar así que aínda non se perdera de todo aquilo que o fútbol ten de xogo.

Pois ben, nesa mesma localidade na que un grupo de deportistas deixaba constancia do seu bo saber facer e da súa cumprida entrega ás obrigas da profesión, un xuíz negáballe a dúas nenas a posibilidade de ir vivir canda súa nai porque en Vigo, onde ela ía residir, as cativas terían que asistir a un colexio no que, en cumprimento da lexislación vixente, determinadas materias se dan en galego e iso, argumenta o maxistrado, chegaría a prexudicar gravemente a educación dunhas rapazas antes escolarizadas en castelán, co que o home parece disposto a estragar, se pode, dunha soa sentada a capacidade de aprendizaxe das nenas, as aptitudes pedagóxicas do persoal docente dos centros escolares de Vigo, os naturais desvelos da nai para procurar o mellor para as súas fillas e mais o prestixio secular dunha lingua na que non poucas mulleres e non poucos homes foron quen de definir para os demais espacios de calidade intelectual que dificilmente el poderá nunca imitar.

O galego é un idioma "carente de utilidad pública" di a súa señoría. Pensará que é pequeno en comparanza co castelán e, naturalmente, sempre cómpre poñerse do lado do grande, aínda que non haxa nada que obrigue a escoller porque, como pasa neste caso, nada hai que os enfronte.

Como é lóxico non estou en condicións de aseguralo, pero non creo que sexa moi difícil imaxinar a favor de que equipo estaba este señor cando se celebraron os partidos de fútbol da eliminatoria da que falabamos ao empezo. O que si sabemos todos é como acabou a cousa.

Tamén sabemos que el non era o árbitro en ningún dos dous encontros.

3'6 (5 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



1 comentario

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#1 Por Gorila 23-11-2009 22:46

Normal

Lo más importante de todo: ¿Sabemos ya que "lo que la madre quiera para sus hijas" no es necesariamente lo mejor para sus hijas?

Si todos somos iguales, la opinión de una mujer no puede contar más que la de un hombre a la hora de dedicir sobre los hijos en común... ¿O es que no somos todos iguales?


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>