PÁDEL

Carmen León e a lucense Vanessa Alonso gañan o II trofeo Ibercaja


Etiquetas: pádel, Lugo, Vanessa Alonso, Carmen León, Borja Yribarren, Ignacio Otero

08/12/2009 - El Progreso (Lugo)

Os coruñeses Borja Yribarren e Ignacio Otero adxudicáronse este martes o II Torneo Día da Constitucion Trofeo Ibercaja, primeira proba puntuable para o ranking da Federación Galega de Pádel disputada desde o pasado venres nas instalacións do Club Pádel Hotel Santiago.

A vitoria dos herculinos, obtida tras unha durísima final que lles enfrontou á parella formada por Fernando Aldao e Sebastian Lafon con resultado final de 6-4 e 7-6, sérvelles para recuperar a cabeza do ranking galego.

Na categoría feminina, a parella fomada por Carmen León e a lucense Vanessa Alonso, que este ano disputaron o circuíto profesional, impuxeron a súa superioridade absoluta gañando na final ás ata onte número 1 do ranking galego, a coruñesas Marta Muñoz e Carolina Martínez, por un contundente 6-1 e 6-2. Como dato da súa superioridade, só perderon 5 xogos en todo o torneo.

Do resto da participación lucense destacar a Pilar Delgado e Liliana Ross que alcanzaron os cuartos de final.

O lucense Miguel Veiga, que formou parella con Fernando Clavario, caeu en semifinais ante os que serían ao cabo campións Yribarren e Otero por un tenteador de 7-6 e 6-2. Este resultado pódese catalogar como excelente xa que á cita disputada no Club Pádel Hotel Santiago acudiron os 16 mellores xogadores de Galicia. O outro representante lucense, Santiago Mota, e o seu compañeiro Diego Castellini, obtiveron o mesmo resultado que o seu paisano, alcanzando as semifinais tras un brillante torneo. Cabe destacar a súa vitoria en oitavos de final ante os irmáns ferroláns Mateo e José García dos Reyes, no que para moitos foi considerado como o mellor choque do torneo.

A organización considera esta experiencia pioneira en Lugo como un rotundo éxito e espera darlle continuidade ao longo dos anos nas instalacións lucenses.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

A final masculina (Fotos: J. Vázquez + Xesús Ponte)
A final masculina (Fotos: J. Vázquez + Xesús Ponte)