Arturo Vaquero aspira a un Goya pola canción da película ‘Agallas’


Etiquetas: ‘Agallas’, película, canción, Goya, Arturo Vaquero

11/01/2010 - Jaureguizar (Lugo)

O músico lucense Arturo Vaquero foi nominado a un premio Goya á mellor canción orixinal polo tema ‘Agallas vs. escamas’ composto xunto con Xavi Font para a película ‘Agallas’. A peza, que canta o actor Hugo Silva, foi gravado nos estudos Abrigueiro que o creador lucense ten na localidade homónima de Friol. O coautor define o tema como «un rock latino con aires rumbeiros».

A obra de Vaquero e Font competirá con ‘Stick to the man’, da cinta ‘Planet 51’; ‘Spanish song’ da película ‘Spanish movie’, e ‘Yo, también’, que soan no filme chamado igual.

O compositor lugués apuntou que «o traballo con Hugo Silva foi moi profesional; pasámoslle o tema cantado por nós para que se fixese unha idea e sorprendeunos a súa insistencia para meterse no papel do personaxe que fai na película, Sebas, e cantala como Sebas non como Hugo Silva».

A maiores, Arturo Vaquero e Xavi Font crearon tamén o resto da banda sonora desta película a partir dunha encarga da produtora Continental, para a que xa traballaran cos temas musicais do filme ‘Abrígate’.

Vaquero proclamábase entusiasmado polo logro da candidatura, que podería mudar no seu primeiro galardón importante como compositor, despois de que Font e máis el fosen premiados pola música da curtametraxe ‘Atención al cliente’.

O músico recibiu a noticia traballando na banda sonora de ‘El diario de Carlota’, unha comedia xuvenil que dirixe José Manuel Carrasco, e para a que foi contratado pola produtora Tornasol. As cancións desta película son temas de rock e de pop que interpretan os propios compositores contando coa colaboración de músicos de estudo, como o batería lucense Rodrigo Muñoz.

A música de ‘El diario de Carlota’ ten un estilo completamente diferente á de ‘Agallas’, que «é unha mestura entre o cinema negro e o épico». Arturo Vaquero salienta que esa foi unha das poucas pautas que lles deron os directores, Javier Félix Echániz y Juan Antonio Gil Bengoa, «que nos deixaron traballar con liberdade».

A gravación foi «dificultosa,pero moi fluída» porque traballaron coa Orquestra Sinfónica de Bratislava, para o que se desprazaron á cidade desta agrupación musical que escolleron «polo súa sección de corda, dado que os realizadores querían moita tensión».

Paralelamente, Vaquero e Font continúan preparando a música de ‘O apóstolo’ xunto con Philip Glass. «Tivemos unha xuntanza con el en Oviedo. El comporá varios temas e nós farémoslle os arranxos para adaptalos»,apuntou.

5'0 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



2 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#2 Por sincero 17-01-2010 23:39

Normal

totalmente deacuerdo , fuimos a grabar un dia una maqueta y Arturo nos trató y grabó como si fueramos un grupo famoso ,Ahora estamos grabando otra y es un gran profesional y espero que le den el Goya , se merece eso y mas.


#1 Por desdeviveiro 12-01-2010 09:30

Normal

Arturo Vaquero es un trabajador incansable, imaginativo, arriesgado, emprendedor y luchador nato. Me alegra que un paisano triunfe. Ojalá siga mucho tiempo en la actualidad musical. Lleve o no lleve el premio, lo importante es que su trabajo cada vez está siendo más reconocido y admirado.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>