Un grupo ecoloxista mobilízase contra o campionato de caza de raposo de Portomarín
16/01/2010 - El Progreso Digital (Lugo)
A Coordinadora para a protección da fauna salvaxe criticou este sábado a celebración, o vindeiro día 30, do campionato de España de caza de raposo, que terá lugar en Portomarín, e que estivo precedido este sábado polo campionato galego, celebrado na Cañiza. A entidade prepara unha concentración na vila luguesa para ese día.
Información relacionada
O grupo conservacionista salienta que "este tipo de actividades son unha maneira de diversión para un grupo de persoas que gozan matando animais, e que en ningún momento preservan a nosa biodiversidade, nin coidan da nosa fauna".
A entidade considera que, "como vén de promulgar o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, a caza non é un dereito humano", e "polo tanto deben prevalecer os dereitos que teñen os raposos, como seres vivos, e que nós estamos obrigados a defender".
A coordinadora convida a participar na concentración do día 30 en Portomarín, "para así demostrar a nosa repulsa ante o asasinato de animais inocentes, que serán mostrados como trofeos diante de xente que non respecta os dereitos máis fundamentais de todo ser vivo".
Outra das preocupacións deste grupo é o abandono "crecente" de cans de caza un ano máis, unha vez rematada a temporada 2009-2010. Por iso, a coordinadora solicítalle á Xunta de Galicia que elabore "dunha vez" un censo dos cans que posúe cada cazador, e que controle o seu número tanto ao inicio como ao remate da temporada de caza.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#2 Por arraposa 18-01-2010 16:11
E q faría eu pa q intenten cazarme como si lles deran medallas.Centos de coches,cans e escopetas por doquier.Si ainda fose pa xantarme,pero de morto hanme tirar por ehí.Canta cultura teñen estes humans,haberá alguns q pensen q está ben matar raposos,así xustifican as subvencions q cobran polos tecores,moven o negocio das armas e das municions,fan deporte co coche e sintense os amos do mundo todos vestidiños de pseudomilitares.E ainda teñen o valor de despreciar a quen me defende.Si siquiera algún leera a lei de caza!!!.
#1 Por perro 18-01-2010 12:41
Xa empezan as jilipolleces de sempre, como non teñen nada que facer pretenden tocalas pelotas ós demais. Se os únicos que non fan nada pola natureza son os ecoloXETAS para xustificalos cartos que lles da a administración e unhos cantos pardillos adictos a causa. !Que ben viven unhos cuantos a costa das cuotas desinteresadas.....! Ah, e falan dos cans... pois as pelexas que teñen por dirixilas perreras son grandes por interés económico, por ex. a do Carballiño. Hipócritas, tedes a cara mías dura que as pedras.







