Lingua
Decenas de miles de persoas berran contra o decreto en Compostela
21/01/2010 - Beti Vázquez
'Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma'. Dicíano os paraugas, as faixas, os adhesivos, os carteis. Dicíano as decenas de miles de persoas --70.000 segundo a organización e 30.000 segundo as estimacións facilitadas pola Policía Local-- que este xoves percorreron as rúas de Compostela para manifestarlle á Xunta a súa postura en contra das bases do decreto que regulará a presenza do galego no ensino. O Obradoiro converteuse, como se dixo desde o palco, nun clamor contra o texto que reserva para esta lingua o 33% das materias, a mesma porcentaxe que para o castelán e para o inglés.
Información relacionada
O PP DI QUE A MAIORÍA DOS MANIFESTANTES ACUDIRON BAIXO PRESIÓNS
Os sindicatos reclaman á Xunta que modifique a súa postura ''unilateral''
BNG e PSdeG reclaman que o ''berro unánime'' contra o borrador fagan ''reflexionar'' a Feijóo
Unhas 500 persoas din non ao decreto do galego ante o edificio da Xunta en Lugo
Educación sitúa el seguimiento de la huelga por debajo del 50 por ciento
O decreto non convence
'Non queremos trapalladas', rezaba escrito nun verde rechamante o cartel de cartón que colgaba a modo de colar no peito de Antonio. Aragonés, vivíu boa parte da súa vida en Cataluña e leva 15 anos en Galicia. Esta mañá madrugou para acudir á concentración, que arrincou da Alameda pouco antes do mediodía, "e defender a miña lingua". "Eu sei a importancia que ten para un lugar ter unha lingua propia e hai que coidala", di. Ao preguntarlle polo peso que o catalán ten na súa comunidade autónoma en comparanza co galego, pódelle a xenreira. "Aquí falar o castelán é sinónimo de importancia, mentres falar o galego é un desprestixio. Alí iso é impensable!", sinala.
O borrador do decreto que presentou o 30 de decembro Núñez Feijóo non o convence. "Nas escolas catalanas hai inmersión lingüística, a lingua minoritaria apóiase e o castelán os nenos apréndeno nas casas, sen deixar de ser bilingües". Para este galego 'por arraigo', a "desvalorización" desta lingua non pode atopar consolo nos brazos do Goberno do país.
Coas súas verbas concorda Montse, unha mestra de Educación Primaria que chega desde Narón con algúns dos seus alumnos. "Por que estou aquí? Porque estou ata os fuciños de oír a parvada de que o galego se impón! O galego non se impón! É noso!", di a berros para facerse escoitar mentres de fondo unhas 30.000 persoas que conseguiron entrar no Obradoiro coreaban os pegadizos cánticos do Carrabouxo e agradecían entre risas que escollese o lápis e non un micro para gañar o pan. De seguro que tal pensamento pasou polo maxín de Serxio, un mozo de 14 anos que se achegou ata Compostela "porque quero que na miña escola se fale en galego". Ao seu carón, un bebé durmía nun carriño cunha folla de papel pegada: 'Eu falarei galego'.
''Aínda me parece mentira que haxa quen odia o galego''
Entre a multitude destacaba a boina negra de Rosendo, un pontevedrés duns 60 anos. Unha chapa enganchada no xersei deixaba clara a súa postura: 'Somos unha nación'. "Estou aquí porque podo, que hai moita xente que quería vir e tivo que quedar. E estou aquí porque sinto noxo da política lingüística deste Goberno e porque aínda me parece mentira que haxa galegos que odian a súa lingua. Non viñen pola moda de manifestarme".
Ao seu carón, o histórico líder do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras, non daba feito a repartir apertas. "Comentábao cun compañeiro hai un intre. Dicíame 'bota contas, que desde o tardofranquismo nos '70 non paramos de manifestarnos'. Este debe ser o único país onde se goberna contra os cidadáns, é o mundo ao revés. Pero esta guerra sí que se vai gañar!". A raíz das últimas declaracións feitas por Núñez Feijóo, nas que di aceptar un "bilingüísmo harmónico" entre galego e castelán mentres se implanta o inglés, Beiras di que se perde: "Pero en que quedamos?", pregúntase. "Para que fala de consenso? O consenso xa está logrado! Todo Dios contra eles!", sentenza tallante. Acto seguido, o silencio conquista a praza e distintas voces van pasando polo micro para darlle lectura ao seu anaquiño de manifesto.
'Rexeitamos un decreto presentadoo día antes do Nadal para esquivar as críticas, e acadado sen consenso'. 'Porque pretende fulminar o dereito do alumnado a unha educación de calidade'. 'Porque a política educativa non pode limitarse á unha opinión da comunidade escolar, senon que nos corresponde a todos os galegos'. 'Porque un terzo das materias en inglés é inviable'. Desde o medio da multitude, a potente voz dun mozo explicou as razóns entre as risas dos manifestantes: "Os meus profesores non saben inglés!".
Un manifesto, moitas voces
Un a un, os representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, pais e estudantes foron deixando a súa queixa. Destacou unha: "Señor Feijóo, os meus pais nunca me puideron falar en galego". Saíu da boca de Craig Patterson, profesor en Cardiff e presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos. "Esta movilización é necesaria, fundamental, excelente e danos folgos", dixo parafraseando a Carlos Callón, presidente de A Mesa, que falaba no mesmo intre no que Patterson nos atendía. "Se eu falo galego pode calquera!", dixo entre risas elevando a súa voz por enriba dos redobres de tambor que chegaban desde a Praza. O profesor arremeteu contra as bases do decreto, ás que tildou de "loxística, ética e filosóficamente un erro".
Mentres, Callón faláballe 'ás masas'. "Non sei que facedes aquí! Tantos extremistas, acomplexados, levantando muros en Galicia defendendo a vosa lingua!", dixo irónicamente para criticar os cualificativos "cos que o Goberno galego se dirixiu a nós, aos que non facemos nada máis ca defender o noso dereito básico a vivir no noso idioma". Para o presidente da Mesa, que falou en nome da plataforma Queremos Galego, "en San Caetano non se goberna pensando en nós, gobérnase pensando no que lle van dicir na rúa Génova de Madrid". Chamou á desobediencia, porque dixo que desobedecer o decreto de Feijóo significa obedecer o Estatuto, a Constitución, a Lei de Normalización e a Carta Europea de Linguas Minoritarias.
Na súa quenda de palabra houbo tempo para lembrarlle á Xunta que "a inmersión lingüística é un modelo educativo", que en Valencia, "onde gobernan vostedes", o 30% das materias se imparte en catalán, ou que "o brazo dereito de Feijóo manifestouse collido da man de Falange", en referencia ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Pero tamén para ironizar sobre a emisión dos Teletubbies en inglés cos subtítulos en galego: "Se coñecen algún rapaz de tres anos que poida ler os subtítulos que o poñan na TVG".
Dixéronlle a Feijóo que "ninguén veu cunha pistola a esta manifestación", que o estudantado galego "é hoxe a honra do pobo e de Galiza enteira", ao deixar case baldeiras as aulas en Secundaria, segundo os datos que Anxo Louzao, de CIG-Ensino, compartiu coa prensa, cifras que sitúan nun 80% o seguimento da folga por parte do profesorado. Á hora de dar números houbo baile: a Xunta fixa en menos da metade os profesionais do ensino que secundaron o paro. Antes de recoller, porque a chuvia, a "bendita chuvia que limpará esta miseria", tamén saíu de manifestación, houbo que lembrarlles aos asistentes que os 160 autobuses fretados sairían por quendas. "Hai que esperar, pero máis tempo leva agardando a lingua galega".
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
#288 Por liberlmentiroso 23-01-2010 21:18
La Constitución española IMPONE el castellano a todos los gallegos (dice "deber"), así que vamos a dejarnos de gilipolleces con eso de que el actual decreto "impone" el gallego, cuando decretaba o 50% en galego como mínimo, polo tanto, se se quería nos centros podía haber el 50% en castellano. Nada de inmersión al 100 en gallego, menos mentiras infantiles, que no somos tontos.
#287 Por eliberal 23-01-2010 20:08
Si... tan só hai que velos... Ninguén fixo máis dano á lingua galega que o nacionalismo pretendendo -sen éxito apropiarse dela- e impoñendo o seu uso a base de decretos monolingüísticos e coacción.
O decreto actual defende o galego ao introducir o equilibrio lingüístico con independencia das preferencias sinaladas polas familias á hora de escoller as asignaturas que se impartirán nunha ou noutra lingua. E ademáis introduce paulativamente o inglés para garantir que as xeracións futuras sepan falar con corrección galego, castelán e inglés... algo impensable para una nacionalismo que sempre é cerril e reduccionista.
#286 Por oliberal 23-01-2010 20:06
Elliberal, pero aínda non te decataches de que o galego é a lingua dos galegos (falen galego, castellano ou inglés). Aí está para todos os que a queiran "facer súa". Mira, así de doado, podes collela cando queiras e así xa lles das nos dentes aos nacionalistas... pero claro, a ti te da asquito, no?
#284 Por eliberal 23-01-2010 16:43
Nada lle pode facer máis dano á lingua galega que o intento de apropiarse dela por parte do nacionalismo.
O BNG equivócase e moito na súa estratexia radical e en defender un discurso que non se corresponde coa realidade. O decreto non vai en contra do galego, equilibra o uso das dúas linguas propias no ensino e introduce paulativamente un maior uso do inglés (actualmente só dáse unha materia).
Os nacionalistas non teñen dereito a facer política coa lingua e a mentir a todos os galegos. De aí que a súa manifestación fracasase
#283 Por gzlivre 23-01-2010 03:14
Segundo declarações de assistentes à manifestaçom de Lugo para o galizalivre.org, a convocatória foi secundada por volta de 300 pessoas e um gram número de associações como Queremos Galego, Galiza Nova, a Mocidade pola Língua ou os Comités. A pressom que estám a exercer os centros privados no seu papel de impositores do espanhol ficou recolhida num feito acontecido do liceu de Fingoi, onde tivérom retido a um estudante, sob ameaça de expulsom, por se querer somar à greve . No remate da manifestaçom, e trás a leitura por parte dum membro dos Comités do manifesto “Queremos Galego”, umhas 100 pessoas deslocárom-se até este centro para protestar contra a retençom ilegal do estudante.
#282 Por ElisaL 22-01-2010 18:15
Una de Valencia:
"(...) La jefa de estudios metió a mi hija en una sala y le puso sobre las manos unas leyes para que leyera lo que le podía ocurrir si seguía con su actitud. (...) Asimismo la niña ha sufrido discriminación al no dejarla leer (...) por tener el libro en español.(...) es una niña sobresaliente, el propio centro lo ha reconocido ante los medios, sin embargo me viene con todo suspendido, (...) De todas las asignaturas que tiene, sólo da en español las Matemáticas."
¿Quién es el extremista Sr Feijoo? Esto es el PP en estado puro.
#281 Por ElisaL 22-01-2010 18:08
Una de Baleraes:
El Gobierno autonómico de Baleares ha denegado a un niño ibicenco disléxico el derecho a examinarse en español, que había sido reclamado por sus padres, ya que la ley solo reconoce a los profesores y alumnos universitarios ‘el derecho a emplear oralmente y por escrito la lengua oficial de su preferencia’.
¿No es esto fascismo y totalitarismo? ¿Quién es el extremista Sr Feijoo?
#280 Por VMS 22-01-2010 17:38
Sí, decenas de miles (ejem, ejem) berran contra o decreto...
pero CENTOS DE MILLEIROS (creo que case un millón ou máis) votaron nas urnas (a única manifestión que vale) para apoiar a Feijoo. E claro, isto é unha democracia, amiguiños, non se goberna berrando nin queimando bandeiras.
#278 Por uno 22-01-2010 16:34
me hace gracia la "redacción" del el progreso. sin mucho disimulo se decantan por la manifestación a favor del decreto anterior de imposición del gallego en la educación. profesores y alumnos que traguen con el gallego les gste o no y a la mayoría no les gusta. Pero su periódico es, ha sido y será practicamente 100 por cien en castellano. muy coherente. para los demás si para mi no...
#273 Por denantesmorta 22-01-2010 14:37
euoyodaigual, había galegos dabondo, había, o que pasa é que igual tamén é noticia que 'os de riscos orientais', como di, vaia defender a nosa lingua mentres outros (igual vostede entre eles) quedaron no sofá coa perniña estirada vendo un programa de cotilleo narrado en perfecta lingua cervantina. Igual foi iso..
#272 Por xesus 22-01-2010 14:34
Teño case 40 anos, estou estudando ingles nivel intermedio na escola de idiomas e non temos c---óns nin eu nin o resto da clase (e hai licenciados...), a dar seguido a clase en inglés. ! E iso a pesares de que estudiei no seu tempo 7 anos!
¿Pode alguén esplicarme como o farían os rapaces de primaria?
#270 Por Seivane 22-01-2010 14:19
Feijóo leva humillándose dende a propia campaña electoral, argallada nos sucios sotos da indecencia. Seguiu humillado cando houbo percorrer ó terceiro graderío para poder compoñer ese grupiño que chama goberno. Humillouse ante Iberdrola, ante Endesa, e ante Pescanova que vai estragar o marabilloso litoral de Touriñán. Humillado ha facer fronte ás críticas tallantes das institucións galegas mentres teima na aniquilación da nosa cultura. Humíllase cando, intentando acurrunchar o galego, bota man do inglés que el nin fala nin entende. Patéticos grupúsculos atrévense a humillalo reclamándolle o que entenden foron promesas electorais a prol do asoballamento lingüístico.
#269 Por galego 22-01-2010 14:12
galicia non son 60.000, somos bastantes mais, osea que non estabamos todos, nin cerca da metade, que pasa cos que faltan, non sera que non estan dacordo coa manifestacion? ou e que pensades que o que opinades vos e o bo?. seguidevos manifestando que e o voso, e deixade gobernar os demais tuvestes catro anos e baixastes en votos, non vos acordades, se foi o 1 de marzo?, asi vos vai









