UN FALAR

Moda galega


Etiquetas: literatura, poesía, moda, María Xesús Nogueira, Un falar

06/02/2010 - María Xesús Nogueira

VAI CAS ALÁ unha década desde que María Reimóndez publicara 'Moda galega'. Malia o que alguén podería deducir dun título semellante, non se trataba de ningún catálogo ao uso, senón dun singular libro de poemas no que a autora percorría, con mirada crítica, as rúas comerciais de Vigo para reparar nos escaparates das tendas de moda e mostrar os hábitos e os excesos dunha sociedade consumista. O libro, escrito cunha linguaxe próxima e por veces argalleira, contén no entanto unha denuncia de actitudes que quedan a miúdo escurecidas polos focos das pasarelas, como o sexismo, as ditaduras da tallaxe, a despersonalización imposta polas tendencias, o comercio inxusto ou a explotación. Moda galega foi polo tanto unha proposta poética comprometida e innovadora que non acadou, aínda así, a acollida doutros títulos da autora, como é o caso da novela 'O club da calceta' ou da recente 'Pirata'. Tamén a poesía, e algunhas das editoras de menor envergadura que apostan por ela, se viu ás veces eclipsada polos focos do mercado, neste caso o literario.

O título 'Moda galega' non só evocaba unha etiqueta hoxe en día recoñecida dentro e fóra de Galicia, senón tamén o fenómeno de expansión do sector que tivo lugar na década dos 80. A aparición e o éxito de numerosas firmas e, sobre todo, o apoio para a súa promoción, deseñaron cartografías na industria téxtil até entón descoñecidas e as máis das veces impensadas. Coa combinación de tecidos tradicionais e tendencias innovadoras, o deseño galego converteuse nun verdadeiro  sinal de identidade. De igual maneira que acontecía nos versos de María Reimóndez, as luces das pasarelas deixaron tamén aquí na sombra mans rotas que cosían a traballo feito mentres outros soñaban coa moda como icona dunha Galicia moderna e desenvolvida.

Hai anos que a moda galega consolidou o seu prestixio en pasarelas propias e alleas. Nos últimos meses, a crise económica rabuñou tamén con voracidade os beneficios do sector e dinamitou a estabilidade do seu cadro de persoal. A explotación laboral non foi, nin moito menos, erradicada dos manuais de patronaxe nin dos libros de quendas, e a multiculturalidade dos procesos de elaboración adoita deixar as súas pegadas unicamente nas etiquetas. Neste panorama de claros e escuros resulta triste ver algúns dos grandes nomes que levaron a marca 'moda galega' polo mundo asinando, no seu día, manifestos da discordia na contra da nosa lingua, ou clamando sen piedade por medidas como o despido libre, o recorte dos dereitos sociais e a fin do estado de benestar. Episodios coma este último recórdannos que unha Galicia industrial moderna e comprometida co país é tan só, polo de agora, e no que ao téxtil se refire, un soño. Un de tantos, nas longas noites de chuvia duns invernos que semellan eternos.

4'9 (7 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>