Lingua

Queremos Galego pídelle aos votantes do PPdeG ''defraudados coa galegofobia'' que ''saian do armario''


Etiquetas: lengua, decreto galego, Parlamento, ILP, Queremos Galego, Xunta

08/02/2010 - Galiciaé

A plataforma Queremos Galego entregou no rexistro do Parlamento a proposición de lei por Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) ''pola garantía dos dereitos lingüísticos'', que o colectivo leva meses promocionando. A iniciativa céntrase no uso do galego por parte das administracións e no ensino. O obxectivo da plataforma é que se desenvolva a Lei de Normalización Lingüística para que se cumpran os preceptos referidos ás administracións públicas da comunidade na regulación dos seus usos lingüísticos en cuestións ''fundamentais'' como o procedemento administrativo, a contratación e as axudas públicas.

O voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, pediulle aos votantes do PPdeG, ''defraudados coa política de galegofobia'' da Xunta, que ''saian do armario'' e apoien a ILP impulsada pola plataforma. Pediullo ''especialmente'' a eles, ''aos defraudados coa política de galegofobia, de odio contra a nosa cultura, de desmantelamento da oficialidade da nosa lingua''.

Asimesmo, o voceiro de Queremos Galego, instou aos cidadáns ''que co corazón ma man defenden o bilingüismo'', que apoien as inciativas recollidas na ILP, tras lembrar que ''a lingua galega é motivo de unión''. Tamén pide aos votantes populares que observen ''o proceso de desmantelamento'' que, ao seu entender, realiza a Xunta, así como que ''reflexionen se respaldaron a este partido --PPdeG-- para que ataque á lingua, crispe a cultura e divida a sociedade''.

Callón confiou en que a mesa da Cámara ''tome en consideración'' o documento, co obxectivo de comezar ''nun mes'' a recollida das 15.000 sinaturas precisas para que a ILP sexa debatida polos grupos políticos. O voceiro da plataforma que aglutina a máis de 600 entidades culturais, políticas e sociais, anunciou ''unha intensa campaña social'' nas diferentes comarcas galegas.

A iniciatva insta á Xunta a cumprir ''o mandato estatutario'' de promoción da lingua propia de Galicia --artigo 5-- e a asumir a Carta Europea das Linguas e o Plan Xeral de Normalización Lingüística. Por iso, di Callón, ''a proposta non vai contra ninguén'', senón que incide dende ''a base social''na ''defensa do conxunto da cidadanía'' e dos consensos normativos.

Para rematar, quixo recalcar que ''no tempo que leva Feijóo'' na Xunta, ''non houbo a primeira medida en defensa do idioma'', e que, por outra banda, ''hai conselleiros e conselleiras que presumen de non saber galego''.
llego.

5'0 (4 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



35 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#35 Por cepeda 10-02-2010 12:16

Normal

Parece mentira q ainda axa xente que defenda que conselleiros de galicia non falen galego xd a esa xente que lle falen en frances xa que tal debe ser a sua intelixencia


#34 Por Zali 09-02-2010 19:55

Normal

Zali naceu en Galicia enton sera galego eo mais importante con pedregui.Por si nion o sabes.


#33 Por Caduco 09-02-2010 19:33

Normal

O parecer, Zali non e Español.


#32 Por Zali 09-02-2010 17:56

Normal

Un libertinaje e que xente de Castilla veña a fazer oposicions a Galicia sin saber galego.
A libertad e cando pra ser funcionario en Galicia se ten que saber a lingua galega sexa un moro,ingles,frances , español ou madrileño tamen cahamdos funcionarios.


#31 Por vayatropa 09-02-2010 14:59

Discutible

No hay ningún tipo de problema en que haya conselleiros que no sepan gallego. Eue preferirías un conselleiro de economía que habla gallego o a Rodrigo Rato pongamos por ejemplo que no sabe gallego?¿ vaya argumentos usan algunos. Se trata del bien de la comunidad no de que la gente haya de saber gallego...


#30 Por municipe 09-02-2010 14:29

Normal

INSISTo: La imposición linguística vulnera la más de las fundamentales de las libertades: el libre desarrollo de la personalidad, ya que condiciona su presupuesto: la libertad de educación.

La imposición linguística atenta contra los derechos humanos.


#29 Por Ourense 09-02-2010 14:25

Normal

Son militante do PP e sintome galego como o que máis. Penso que o noso partido non debe afastarse do consenso acadado durante moitos anos na normalización lingúística. Os que estean contra o galego que monten un partido a ver cantos votos sacan.
Viva Baltar PRESIDENTE
POLY, ROGELIO, MIRANDA E RUEDA DIMISIÓN
TOÑITO DEIXA AS DIETAS E PONTE A FACER EXERCICIO.


#28 Por critico 09-02-2010 14:19

Normal

Como si non houbera cousas nas que pensar máis importantes ca lingua na que un se expresa. Que cadaquen fale como lle pete. Non sería mellor pensar na falta de industrialización de galicia, nas escasas e deficientes vias de comunicación, na falta absoluta de traballo, no sector gandeiro que se vai a pique... e unhos preocupandose de si se dice "sartén" ou "tixola", manda carallo!!


#27 Por Carpio 09-02-2010 14:15

Normal

Seguides falannndoo, falannndooo, escribinnndooo tonterías e eu preocupado con o que pode pasar mañá nesta España querida. Aos nosos desgobernantes vailles ben todo este tipo de panoxadas. mentras nos descutimos o tema da lingoa, éles descarallanse de risa e enchense no vos restaurantes de Madrid, Seredes parvos. Eu tamen me lembro cando viñan a aldea os señoritos de Lugo falando castrapo, e rindose dos pequenos da aldea. Ises oxe , moitos deles son os que berran por o galego. Política asquerosa e guarra, políticos de ocasión.



#26 Por municipe 09-02-2010 14:09

Castigado

(Comentario valorado negativamente)

Ya está bien de imposiciones liguísticas! Mi lengua materna es el Castellano y, tanto yo como mis hijos tenemos el derecho de ser educados en Castellano. Imposición liguística=Fascismo.


#25 Por Rafacuiña 09-02-2010 01:44

Normal

"Hai seudoelites que, disfrazadas de bilingüistas, queren marxinar a lingua". "Buscan unha liberdade que conseguiría que a nosa sociedade fose analfabeta en galego". "Son militante e estou dicindo o que estou dicindo... Tiven conversas con alcaldes ou militantes e, por motivos que se poden entender, non están dispostos a sair á palestra con este tema, aínda que hai concellos que se amosaron en contra." Rafael Cuiña, membro do PPdG. Entrevista completa: http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2010/02/05/hai-seudoelites-disfrazadas-bilinguistas-queren-marxinar-lingua/408897.html


#24 Por paratodos 09-02-2010 01:21

Normal

Contra ninguén, a favor de Galicia, a favor da nosa lingua. Para todos os galegos e galegas de boa fe.
http://prolinguagalega.org/
http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/
http://www.queremosgalego.org/


#23 Por espanto 09-02-2010 01:16

Normal

Acabo de pasar por delante del armario y ha salido un tipo con una herradura en el zapato que me ha invitado, muy amablemente, a entrar. También me ha dicho que no me preocupe por la vaselina, que ellos tienen de sobra. No he entendido esto último, ¿alguien me lo podría explicar? Además, he acertado a discernir a otro individuo siniestro que acariciaba, embelesado, un queso de tetilla mientras escribía en un portátil.


#22 Por calentito 09-02-2010 01:04

Normal

#20 Por friolero
¡Joé si hay pink foulards! Está petao, y todos con el torito de Osborne encima de la matrícula. Pero hay que tener cuidado, que alguno se desplaza dentro a grandes velocidades en extricto cumplimiento de las obligaciones de su cargo y está a dieta. Es que con esto del cocido, los cerdos y la tetilla, ya sabes. Hasta creo que han visto a alguno con capote y nada debajo, hay qué carajo.


#21 Por Edu 09-02-2010 01:00

Normal

#17 Por Plasplasplas. No te aplaudas con la orejas, que te revientas las neuronas.
#19 Por ferrete. Outros están na caixa e levántanse pola noite a ver que poden chupar. Menos mal que xa rematou o cocido de Lalín e María Castro marcho para Madrid co Duque, que se non, habíanlle botar o dente, e de sobremesa, tetilla. PD: coidado co anisete que non é auga, e se se toma dentro do armario chupando un caramelo, peor.


#20 Por friolero 09-02-2010 00:59

Normal

Y en el armario no hay Pink foulards?


#19 Por ferrete 09-02-2010 00:55

Normal

O que eu digo: algúns non poden beber. Pensan que están nun armario mentras están encaixados na barra dun bar co décimo cubalibre.


#18 Por Edu 09-02-2010 00:53

Normal

Hola, me llamo Edu. Acabo de salir del armario, pero me he econtrado de bruces con ferrete y sus nicks y me he vuelto para el armario. ¡Dios mío, qué frio hace ahí afuera, y con esos securatas de la tetilla marcándote el paso! Feliz Navidad.


#17 Por Plasplasplas 09-02-2010 00:52

Normal

¿Ónde se pode asina-la proposta do #15? ¡Ían algúns a rir a cachón vindo que bloqueiros de hoxe chamaban paletos ós seus onte! (O de rir, por non chorar, por suposto).

Onte con Franco, hoxe co BNG. A teima é a mesma: Que os outros fagamos o que eles queren que fagamos...


#16 Por quefas 09-02-2010 00:50

Normal

Eu votei o PP pero non para esto. a ver se de unha vez se poñen a traballar que para eso te votamos Feijoo. ¿Pero non hai consellería de Industria e outra de Traballo? A ver Feijoo que non se pode andar todo o dia de armadanzas co do galego. Esperta.


Página

  • 1
  • 2
  • Acceder Crear usuario

    Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





    captcha

    Cambiar por outro


    Un poco de HTML está bien
    Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>