Unhas mozas que si saben latín
24/02/2010 - Carmen Uz / El Progreso (Lugo)
Sara Ramos, María Vázquez e Laura Carballeira saben sacarlle proveito ao latín. Son alumnas de primeiro de bacharelato no colexio San José de Lugo e os seus coñecementos de cultura e linguas clásicas valéronlles para proclamarse vencedoras do certame autonómico da materia que organiza a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos.
Fanse chamar 'Las esclavas de Davo' —nome que tomaron tras ver a película 'Ágora' e quedar prendadas do servo que encarna o actor Max Minghella— e este mércores disputarán a fase estatal coas alacantinas 'As suplicantes' nunha competición que, como as anteriores, será vía internet.
Disporán de tres horas para responder a un cuestionario que poderá incluír preguntas sobre a vida cotiá en Grecia e Roma, a súa mitoloxía, a súa historia, as súas institucións e a súa literatura. Non o prepararon de forma especial "porque non hai moita forma de preparalo", explica María, a máis parlanchina, que ademais de ser unha apaixonada da arte dramático estuda quinto de piano no conservatorio. Ademais, poden consultar libros e apuntamentos, aínda que en realidade o apoio máis últil é internet, apunta Sara. "Hai temas que aínda non vimos, sobre todo literatura grecolatina, que se dá en segundo", explica esta aspirante a xornalista.
As tres competirán soas, do mesmo xeito que o fixeron no cuarto e último cuestionario que tiveron que superar para chegar á final autonómica. Os tres primeiros respondéronos conxuntamente os seis equipos do colexio que participaron no concurso. "Intentei que non houbese rivalidade, pero para o cuarto cuestionario necesitaban máis tempo e respondéronos en casa, e aí adiantáronse 'Las esclavas de Davo'", explica Marisol López, a súa profesora de latín e grego, que foi quen animou aos seus alumnos a participar.
As alumnas de San José chegaron á final galega con outros 30 equipos e desempataron cunha proba que se celebrou en Melide. Tiveron que resolver cuestións do tipo "Se queres xogar como nenos romanos, terás que pedilas a un carniceiro [tabas]", "A única real das heroínas [Safo]" e enfrontouse cunha deusa e perdeu a súa figura [Aracne]. "Foi difícil, sobre todo o último cuestionario", asegura Laura, a única que está decidida a cursar unha filoloxía, aínda que tamén toca o oboe. Este mércores terán que volver demostrar os seus coñecementos.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#4 Por profe 26-02-2010 19:02
Deseo felicitar enormemente a María, Laura y Sara por este notable éxito. Ellas desde luego se lo merecen y lo han hecho estupendamente bien. Asimismo hay que agradecer su participación voluntaria en este tipo de actividades. Hago extensivo este agradecimiento también a Iago, María Freire, María Villasante, Yaiza, Laura, Cristina, Daniel, Javier, Abraham, y Andrea, que aunque no han conseguido llegar a la final sí han puesto los medios. Alumnos así hacen que merezca la pena nuestro trabajo.
#1 Por Aristoteles 25-02-2010 08:52
Es muy agradable ver que los niños de ahora no sólo se dedican al botellón, a quemar papeleras o a dejar sus estudios a las primeras de cambio.
Niños y niñas como estas hay muchos, unos son deportistas, otros son apasionados de las matemáticas, otros, de la música, otros de la cultura clásica, y otros, los más, son, simplemente, buenas personas, que es lo principal.
Ocurre que, desgraciadamente, se hacen notar más "los otros".
Enhorabuena, chicas.







