ENTREVISTA

Xosé Nebril: ''A baixa dun mes por paternidade debería ser algo obrigatorio''


Etiquetas: mujer, Terra Chá, igualdad, entrevista, Xosé Nebril

09/03/2010 - Cristina Arias / El Progreso (Terra Chá)

NON É ANTIHEROE NIN UN RESENTIDO coa masculinidade, tal como confirman as bases da asociación da que é cofundador, Homes Galegos pola Igualdade. Xosé Nebril rexeita o modelo masculino dominante, o cada vez menos afamado "macho ibérico", e loita por buscar un novo modelo que axude a atopar a verdadeira igualdade entre homes e mulleres. Defende o cambio de rol da masculinidade para obter unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres na que todos teñan as mesmas oportunidades laborais e as mesmas responsabilidades no fogar, co que se remataría coa violencia de xénero.

Información relacionada

PREGUNTA: Homes Galegos pola Igualdade xurde en 2007, como nace?
RESPOSTA: A asociación xurde da man de seis homes de diferentes puntos de Galicia, xente do ámbito social que temos formación en xénero e coincidimos en congresos e foros sobre igualdade. Como neste campo somos minoritarios, empezamos a contactar para facer unha asociación pola igualdade dende o punto de vista dos homes. E é a primeira de Galicia. Somos pioneiros, pero entrou tarde, porque en España algunhas xa levan moitos anos.

P: Que balance fai dos primeiros pasos?
R: Levamos dous anos para tres e o balance é moi positivo. Pasamos de ser seis a 50 socios, aínda que na sociedade galega costa dar este paso e cambiar a mentalidade, ademais da dificultade de que para moitos participar nas nosas actividades é cousa de mulleres, cando tamén é de homes.

P: Que hai que facer para ser socio?
R: Na asociación non vale só inscribirse. Esiximos un compromiso activo na loita contra as desigualdades entre homes e mulleres. Non queremos socios pasivos, que se comprometan. E a idea é que en cada concello houbera unha asociación deste tipo, aínda que non teña nada que ver con nós, ou crear unha mixta, que é o seguinte paso. Hai que reflexionar moito e a asociación é un foro para debatir cousas, que os homes non debatimos normalmente.

P: Cal é o obxectivo da asociación?
R: Ten como fin traballar a prol da igualdade a través de tres camiños: sensibilizar ós homes na igualdade e a corresponsabilidade no fogar, visualizar que, aínda que somos poucos, hai homes traballando nesto, e facer actividades de formación.

P: Como acolle a xente a iniciativa?
R: Grazas ós medios tivemos moita repercusión, realizamos proxectos coa Xunta e chamáronnos de moitos centros educativos. Cada vez coñécesenos máis, pero as actividades continúan a ter unha repercusión moi grande entre as mulleres e non tanta nos homes, que somos analfabetos funcionais en cuestións de xénero. A maioría poden recitar as alineacións dos equipos de fútbol, pero non saben diferenciar entre sexo e xénero.

P: Cambiar o rol é posible?
R: Hai que reconstruír o rol masculino de macho ibérico, que vai en detrimento da igualdade real. Debemos ser máis persoas e non estar negados á sensibilidade e a alienar valores que se consideran débiles, como a tenrura, os sentimentos, poder chorar... E é posible cambialo. Cada vez está menos valorado o mito do home prepotente e proveedor da familia e mellor o do home igualitario, responsable e solidario.

P: A inserción da muller no mundo laboral favoreceu esa visión?
R: As mulleres saíron do ámbito doméstico ó ámbito laboral pero os homes non entraron da mesma forma no doméstico, polo que non estamos sendo responsables. As mulleres seguen asumindo o 70% da carga de traballo no fogar e os homes menos do 30%. Eso supón un doble esforzo para a muller, moi inxusto e fonte de desigualdade. Por eso, a corresponsabilidade é un obxectivo da asociación.

P: Onde se debe traballar principalmente?
R: A masculinidade é unha construción social aprendida, por eso hai que reconstruíla. Para eso é moi importante traballar cos nenos a través da educación, aínda que tamén hai que facer reflexionar ós adultos.

P: Poden cambiar despois de tantos anos cunha forma de pensar?
R: Despois de toda unha vida cun modelo dominante costa moito cambiar, pero si se poden moldear certas actitudes e eles saben que con eso poden axudar a educar ós netos para que sexan máis igualitarios.

P: Realizan actuacións en todo tipo de lugares, a resposta é a mesma?
R: No ámbito rural é moito máis difícil profundizar en cuestións de xénero. Nun concello só foron tres persoas ós cursos porque o local estaba fronte a un bar e non querían que os viran nunha "actividade feminina".

P: Como é a colaboración entre a asociación e as administracións?
R: A Xunta presentou este ano o quinto Plan de Igualdade e é a primeira vez que sacan axudas para homes que traballan a prol da igualdade, e xa é un paso.

P: Considera que se involucran o suficiente?
R: A igualdade é un campo políticamente correcto e hai moitas medidas na forma, pero ten que haber máis na práctica por parte dos grupos políticos, porque son os primeiros que se deberían visualizar e saír do armario da desigualdade. Non hai que mirar dende fóra, hai que ir diante da pancarta. Ademais, dende a Administración pediría un control máis estrito e incluso agresivo na publicidade sexista, os anuncios de xoguetes e en programas que se emiten como ‘I love Escassi’, no que un número de mulleres se rifan a un home. É increíble, insolidario e discriminatorio. Non ten sentido, porque por un lado invirten recursos pola igualdade e por outro permiten que se fomente a desigualdade. É dilapidar o que se fai. Debería haber un tipo de sanción, e non só un código ético.

P: Está a favor da paridade?
R: As medidas de cremallera, que tratan de acoplar ó 50%, están ben porque é necesaria a discriminación positiva fronte a calquera tipo de discriminación. Aínda que o máis necesario é o cambio real nos homes, para que esas medidas non sexan necesarias para que as mulleres poidan acceder da mesma forma ó mundo laboral. Teñen o 70% dos contratos a tempo parcial para poder facer fronte ó ámbito privado e eso impide unha promoción maior.

P: E como valora que aínda se dean casos de despidos por embarazo?
R: Aí teñen moito que dicir os axentes sociais e os sindicatos... pero na maioría dos altos cargos segue a haber homes. Nós somos partidarios de que o dereito a un mes por paternidade, que comezará en 2011, sexa unha obrigación, non tanto polos pais, senón para que os empresarios entendan que os homes tamén imos faltar ó traballo. A maternidade está a ser un coste cando é o futuro do estado de benestar.

P: Manifestáronse en contra da violencia machista e acusaron de cómplices ós que non reaccionan.
R: O silencio fainos cómplices dunha lacra social que ten consecuencias tráxicas. En España ó redor dun centenar de mulleres perden a vida pola violencia machista e as cifras son semellantes en Europa. E non se pode mirar para outro lado. Hai que dar a cara e loitar coas mulleres porque somos os promotores do 99,9% da violencia de xénero. Somos violentos por aprendizaxe cultural en desigualdade e todos os homes somos maltratadores en potencia, e non vai ligado á formación, nin á idade ou clase social.

P: Poderase evitar?
R: Non é fácil, é unha aprendizaxe de moito tempo. Pero en canto cambiemos os valores, poderemos evitar a violencia de xénero. A paternidade é moi importante. Se os nenos teñen unha referencia dun modelo positivo, distinto do agresivo e violento, non o reproducen.

P: Hai que endurecer as penas?
R: Sería máis importante gastar recursos en educación e non no ámbito represivo, aínda que as medidas penais son moi importantes, porque ten que haber unha mostra de que a violencia pode ter unha repercusión importante na persoa que a exerce. 

4'7 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



1 comentario

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#1 Por xilgaro 10-03-2010 12:26

Normal

Estou totalmente dacordo.O problema é que coa mentalidade dos empresarios que temos, mais ainda en Lugo temolo dificil.Eu no meu traballo, cando tuven o cativo "non me deixaron" mais ca 3 dias....coa "amenaza velada" de que estamos nun momento malo en non estabamos para caralladas.Claro, eu teño que levalo pan a casa e tiven que tragar.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>