OS ALCALDES DE LUGO / O Valadouro

Eulogio Fernández Sampayo: ''Estou a piques de cumprir 82 anos, e logo de 24 na alcaldía, un merece descansar''


Etiquetas: O Valadouro, Eulogio Fernández Sampayo, alcaldes, entrevista

15/03/2010 - Cristina L. Felipe / El Progreso (A Mariña)

SEIS MANDATOS, 24 anos de vida adicado á alcaldía do Valadouro, fan de Eulogio Fernández Sampayo todo un veterano á fronte do goberno municipal, ó que se suma o feito de ser o rexedor de máis idade da provincia.

PREGUNTA: Está a piques de cumprir os 82 anos, pensa presentarse de novo ás eleccións?
RESPOSTA: Para eso aínda falta moito tempo e non o teño decidido. Ademais decídeo o partido, dada a idade que teño podo ter algún problema, son xa oitenta e pico...

P: Pero gustaríalle?
R: Si que me gustaría, pero despois de 24 anos de alcalde tamén merece un descansar.

P: Que balance fai de todos estes anos?
R: Eu teño que facelo bo, pero o balance realista fano os veciños. O Valadouro é un concello pequeno pero funciona ben, vanse creando servizos. Temos recollida de lixo por todo o concello, un punto limpo para voluminosos, alumeado en tódolos núcleos, asfaltado a tódalas casas...

P: Que outras melloras conseguiu?
R: Temos unha traída de aguas con tres depuradoras que dá servizo á maioría do concello. Quedan no Cadramón, en Frexulfe e en Moucide, pero estes veciños nunca tiveron gran interese por unha traída municipal porque ten os seus gastos. Temos unhas instalacións deportivas das mellores que hai na Mariña. Renovouse o campo de fútbol e actualmente estase facendo un de fútbol sete con céspede artificial, no que acabarán as obras nun mes, que ten unha inversión de 130.000 euros e finánciano a Deputación e o Concello. Por outra parte, actualmente estase construíndo unha depuradora en Moucide e vaise facer saneamento este ano en parte da parroquia. Tamén hai saneamento na vila e noutra parroquia colindante, Alaxe, ademais de en Santa Cruz.

P: Como vai a redacción do PXOM?
R: Hai contratada unha empresa da Coruña e estamos cos traballos. Teñen feito os levantamentos de todo o concello, os núcleos rurais, pouco máis falta que a zona urbana. Pretendemos que algúns núcleos se amplíen máis. Non se chegou máis adiante porque están cambiando a Lei do Solo e por eso hai certa demora.

P: Foi criticada no concello a decisión de adicar parte do plan E deste ano á ampliación da escola infantil, que depende da Xunta.
R: Como o plan E financia a ampliación da escola, temos o compromiso da Xunta de acondicionar un centro para a terceira idade nun local que temos nos baixos dunhas vivendas sociais, de 160 metros. O martes veu unha inspectora do patronato de Traballo, viu os locais e os accesos e deulles o visto bo. Agora imos facer o proxecto e levalo á delegación de Traballo para que cumpran a promesa de financialo.

P: Que outros proxectos farán coa axuda estatal?
R: En total recibimos 248.000 euros do plan E, e 161.000 serán para a ampliación da escola infantil, que ten 20 prazas, pero hai unha demanda moi grande de pequenos e vai ter capacidade para 40. Tamén renovaremos unha estación de elevación de auga e un tramo de saneamento para recoller as augas pluviais nunha depuradora. Xa co do ano pasado se fixeron obras de recollida de pluviais na vila, porque se inundaba todo.

P: Como vai o proxecto do polígono industrial, que en principio ía ser en conxunto con Alfoz?
R: Nun principio queríase facer compartido, pero apareceron uns túmulos e houbo que cambialo de sitio. A idea é que a primeira fase fose no Valadouro, a segunda en Alfoz e a terceira outra vez no Valadouro. Alfoz fixo unha alegación a Xestur, posiblemente con bastante razón, e vai traballar no seu. O noso só sería reformalo e hai financiamento para este ano e o próximo, duns catro millóns de euros.

P: Afectou este tema ás relacións co Concello de Alfoz?
R: Non, as relacións son inmellorables.

P: Queda algo da vella idea de unificar os dous concellos?
R: Eso só o falou a prensa, casos concretos non houbo ningún. É unha cousa difícil de facer e quen o terían que decidir son os veciños dos dous concellos, os alcaldes e as corporacións non deberían meterse nesas cousas. Se un día o deciden os veciños, miraríase, pero eu non son partidario de facer eso se non fora polo ben dos veciños.

MOI PERSOAL
P:
Como entrou en política?
R: Foi despois da polémica das eleccións do 87, o que ía de primeiro na lista decidiu non ir, eu estaba de segundo e non tiven máis que afrontar a situación. Tomei a alcaldía, descoñecida de todo, nunca a un pleno fora.

P: Viviu algún momento de dificultade nestes anos?
R: Unha cousa complicada que tivemos, porque se metía a política por medio, era o de reses mostrencas que danaban os cultivos e houbo que mandar moitas ó matadoiro. No que é a vida municipal non houbo problemas, sempre tiven maioría absoluta e este ano estou en minoría, pero o mandato está sendo do mellor e estou tan contento como coas corporacións anteriores.

P: A que se adicaba antes?
R: O meu oficio primitivo é o de ferreiro. Eu parei de ir á escola pública ós dez anos e desde esa idade traballei 12 ou 14 horas diarias. Aínda traballo algo e vou facer 82 anos. Teño unha empresa con cinco ou seis obreiros, teño un socio e adicámonos a facer ferralla para obras e eu aínda estou por alí. Traballar non podo, porque son xubilado, pero aínda estou máis a gusto no taller que nos bares.

P: Hai algo que lle guste facer no seu tempo libre?
R: Boto algunha partida por compromiso cos amigos e fago viaxes ó estranxeiro. Pouco máis que de paso coñezo case toda Europa; estiven en Inglaterra, en Alemania tres ou catro veces, en Francia, en Suecia, en Noruega, en Austria, que foi un dos países que máis me gustou, en Italia ou en Portugal.

1'3 (23 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



5 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#5 Por fozeño 17-03-2010 16:21

Normal

Con todos mis respetos esos años de alcalde son demasiados años y seguro que no lo ha hecho también como se cree, tantos sños en un cargo no se deberian consentir ya que eso perjudica a la democracía, amigo largate y deja que gobiernen los que estan preparados, no te pase como a otros que jamás se cansan de amasar


#4 Por qnkeiraqsexa 16-03-2010 15:38

Normal

e recordo toda unha vida loitando por unha mellor estrada que nunca chegou nin sei se chegará algún día...que dixeran isto meus avós...pero ter q decilo e recordalo eu, unha rapaza de 21 anos... pareceme bastante triste... e cabe na miña mente cuestionarme: é beneficiosa unha maioría absoluta durante 24 anos consecutivos para un concello? a resposta eu xa a teño e vos?


#3 Por qnkeiraqsexa 16-03-2010 15:28

Normal

Pero dende logo tampouco as críticas van ir todas para él, xa q os responsables somos nós, os veciños tan cultos q con opinións tan claras e seguras o mantivemos no poder durante 24 anos consecutivos, veciños conservadores donde os haxa sí señor...dignos dun réxime...? mellor non decilo.
Eu non presumiría tanto desa maioría absoluta don Eulogio, e como vostede ben di, debería ser os veciños os q respondeses a moitas desas cuestións...


#2 Por qnkeiraqsexa 16-03-2010 15:24

Normal

Si, carreteras asfaltadas jaja ou "remendadas" como dice miña avoa cando vai no coche dando saltos e recorda q hai 20 anos q non se lle tocou....e... carreteras? algunhas si pero outras...camiños de cabras...
E alumeado público...q chegou bastante tarde a algúns núcleos...bastante máis tarde q á maioría...
Por desgracia eu nacín baixo mandato de Eulogio e levo 21 anos sin ver cambios, máis q nada, porque non os houbo jaja xa que como él ben orgulloso di, sempre tivo maioría absoluta. Que honra jaja.


#1 Por Calqueira 16-03-2010 10:01

Normal

Pois a pesares de coñecer tantas cidades europeas e tanto mundo como dís, non se che pegou nadiña para intentar aplicalo no Valadouro: servizo de recollida de lixo e depuradora (que risa, só faltaría que os veciños tiveran que tirar a basura ao rio) asfaltado de estradas (que maravilla poder circular en coche polas estradas do Valadouro, alumeado público ( que luxo para os veciños poder ter luz nos fogares e poder ver mira quien baila na tv pola noite ). Grazas alcalde. Qué tristeza Pote, vaite xa e deixa que entre xente nova, que saiba ler e escribir, con ilusións, con proxectos de futuro, con ideas, antes de que O Valadouro se convirta nun pobo pantasma ou nun deserto de eucaliptos.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Eulogio Fernández Sampayo, diante da casa do concello (Foto: José Mª Álvez)
Eulogio Fernández Sampayo, diante da casa do concello (Foto: José Mª Álvez)