O Lugo tira de efectividade para gañar
25/04/2010 - Cordido / El Progreso (Lugo)
O CD Lugo reencontrouse este domingo coa vitoria, impóndose (4-2) a un difícil Barakaldo grazas á súa maior efectividade, nun partido que resultou bastante entretido, pola incerteza do marcador e polos cinco goles que se viron na segunda parte, catro deles nos últimos 16 minutos.
A primeira metade resultou un tanto aburrida, cun CD Lugo que presionou ben en todo o campo e recuperou moitos balóns, pero que tivo moitas dificultades para superar a un Barakaldo que se defendeu con moita forza e con moito orde. Desta forma, o primeiro remate serio dos locais non chegou ata o último minuto da primeira parte, remate que Máikel aproveitou para abrir o marcador, tras unha boa asistencia de Mauro Poratti (minuto 44).
Foi un gol psicolóxico, que acusou o Barakaldo no inicio da segunda parte, logo de mostrar moi contundente na primeiro.
Goles a pares
O Lugo parecía que encarrilaba o partido aos dez minutos da segunda parte, na que os branquivermellos saíron dominando. Levaron o peso do partido e chegaron con máis facilidade aos dominios de Serantes. Froito dunha das xogadas mellor trenzadas polo equipo de Quique Setién, chegou o segundo tanto, obra de Mauro Poratti tras un bo servizo de Rubén Arroio a Máikel; este combina con Pablo Antas e o monterrosino agarraches moi ben ao hispano arxentino, que non perdoa (minuto 55).
Tras o segundo gol, a calor empeza a afectar aos dous equipos. Mikel Aguirregomekorta, adestrador visitante, comeza a mover o banco e realiza dous cambios tras o segundo tanto, buscando unha maior presión. Os cambios dan resultado, pois os visitantes conseguen nivelar o marcador en tan só cinco minutos. Primeiro aproveitan unha xogada de estratexia, ao rematar o capitan Oya, de cabeza, unha falta ben lanzada por Scifo (minuto 74). Minutos despois, no 79, é Elorriaga o que aproveita un defectuoso despexe de Cristóbal, para marcar de lonxe de potente tiro esquinado.
Os dous goles do Barakaldo serviron de revulsivo ao equipo branquivermello, que tamén realizara xa os tres cambios: os dous primeiros, antes dos goles visitantes e o terceiro, no medio de ambos. A mobilidade de Losada e Sergio deu o seu froito. No minuto 83, Sergio, tras recoller un rexeite dun lanzamento de esquina, volve pór por diante ao seu equipo. E a dous minutos para o final, é Poratti o que aproveita outro despexe defectuoso, neste caso da meta visitante Serantes, que lle entrega o balón ao hispano arxentino só no medio campo. Poratti non desaproveita o agasallo tras unha galopada ata a meta.
Os homes de Setién aínda tiveron opcións de aumentar a súa vantaxe. No último minuto, Arroio escápase e é derrubado por detrás cando penetraba na área. O visitante Álvaro Martínez é expulsado por esta acción, pero os branquivermellos non foron capaces de aproveitar o libre directo.
A cuarta xornada consecutiva sen perder deixa ao Lugo na sétima praza, empatado a 53 puntos co Lemona, e con opcións de loitar por un dos postos que permite disputar a Copa do Rei.
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN
IZARRA, 1 - PONTEVEDRA, 2
LEMONA, 5 - CELTA B, 0
ALAVÉS, 2 - MONTAÑEROS, 2
LEONESA, 1 - PONFERRADINA, 0
GUIJUELO, 0 - PALENCIA, 0
ZAMORA, 1 - MIRANDÉS, 0
RÁCING FERROL, 1 1 SESTAO RIVER, 1
COMPOSTELA, 0 - ATHLÉTIC B, 2
LUGO, 4 - BARAKALDO, 2.
ÉIBAR, 0 - OSASUNA B, 1.
| Ptos | X | G | E | P | GF | GC | |
| 1. Ponferradina | 74 | 36 | 21 | 11 | 4 | 43 | 19 |
| 2. Palencia | 61 | 36 | 15 | 16 | 5 | 40 | 25 |
| 3. Éibar | 60 | 36 | 17 | 9 | 10 | 41 | 34 |
| 4. Alavés | 59 | 36 | 15 | 14 | 7 | 44 | 30 |
| 5. Pontevedra | 57 | 36 | 16 | 9 | 11 | 45 | 37 |
| 6. Lemona | 53 | 36 | 13 | 14 | 9 | 51 | 39 |
| 7. Lugo | 53 | 36 | 13 | 14 | 9 | 48 | 38 |
| 8. Celta B | 51 | 36 | 15 | 6 | 15 | 51 | 55 |
| 9. Barakaldo | 48 | 36 | 12 | 12 | 12 | 40 | 42 |
| 10. Osasuna B | 48 | 36 | 12 | 12 | 12 | 36 | 42 |
| 11. Montañeiros | 46 | 36 | 12 | 10 | 14 | 46 | 45 |
| 12. Leonesa | 46 | 36 | 11 | 13 | 12 | 41 | 46 |
| 13. Mirandés | 44 | 36 | 10 | 14 | 12 | 42 | 41 |
| 14. Athlétic B | 43 | 36 | 11 | 10 | 15 | 33 | 38 |
| 15. Zamora | 42 | 36 | 11 | 9 | 16 | 36 | 49 |
| 16. Guijuelo | 41 | 36 | 9 | 14 | 13 | 33 | 35 |
| 17. Sestao River | 38 | 36 | 9 | 11 | 16 | 30 | 40 |
| 18. R. Ferrol | 36 | 36 | 7 | 15 | 14 | 31 | 39 |
| 19. Izarra | 36 | 36 | 9 | 9 | 18 | 39 | 48 |
| 20. Compostela | 29 | 36 | 7 | 8 | 21 | 35 | 63 |
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.







