Idioma
GalegoLab súmase á ''marea de coraxe civil'' a prol do galego
09/06/2010 - Manu López
A ''marea de coraxe civil'' a prol do galego segue subindo. Así definiu Antón Reixa, socio fundador de GalegoLab, o movemento en defensa do idioma propio de Galicia ao que vén a sumarse agora esta asociación cultural. A aparición deste colectivo débese á ''alegría e orgullo'' polo galego que sinten os seus integrantes e ao desexo de ''seguir vivindo na nosa lingua'', sinalou Reixa.
GalegoLab é unha iniciativa que se ''separa radicalmente'' da política lingüística da Xunta de Galicia por dúas cuestións, segundo Antón Reixa: ''unha de sexo e outra de afecto porque amamos o galego e disfrutamos del''. Doutra banda, aclara que ''aínda que a Xunta rectificase, GalegoLab seguiría existindo''. Asimesmo, decláranse simpatizantes de tódalas asociacións existentes en defensa do idioma como Quermos Galego, Prolingua ou a Coordinadora de ENDL, ao tempo que se poñen á súa disposición, pero aclaran que as súas accións están especializadas nas culturas emerxentes.
Choiva de ideas
Na páxina web www.galegolab.org pódense atopar as diferentes iniciativas que está a poñer en marcha a asociación. Entre elas distinguen entre ideas e proxectos consolidados, pois as primeiras precisan dun ''proceso de maduración'' para levalas á súa execución final.
Como proxectos xa en marcha destaca 'Galegogym', unha proposta que solicita a achega de creacións musicais para ser distribuídas en cd e podcast polos ximnasios galegos pra facer táboas de fitness ou aerobic escoitando música en galego. '24 horas galego fullscreen' é outra proposta coa que se busca estimular o galego entre xente que non está afeita a usalo, mediante o envío de vídeos de cinco minutos de duración como máximo no que se mostre a conduta lingüística ao longo do día. O mellor vídeo está premiado con 300 euros.
A pesares do pouco tempo de existencia xa existen tamén varias ideas. Destaca o 'máster de aldea', consistente en organizar xornadas entre neofalantes e xente do rural para enriquecer a fala mutuamente e ''liberarse dos prexuízos''. 'Ida e volta' céntrase no plano musical e propón a celebración de dous concertos de grupos galegos en días consecutivos nas cidades da Coruña e Vigo, para promocionar o idioma entre a xente nova de zonas urbanas. Os 'Flashmobs' en cidades de Galicia e lugares de veraneo durante o verán propoñen, como experiencia piloto, unha na Coruña, coa homenaxe pop a Juan Pardo na súa canción 'Falade meniñas, falade galego'. E, dentro do plano musical, tamén se pretende realizar unha sesión de dj's en galego.
Toda esta rede organízase mediante o sistema de crowdsourcing para poñer en contacto ás persoas e coordinar as aportacións que se realicen de medios de todo tipo para levar adiante as accións mencionadas e outras que aspiran a levar adiante no futuro. Entre outros moitos, algúns socios fundadores de GalegoLab son: Antón Reixa, María Yáñez, Xoán Antón Pérez Lema, Rafael Cuiña, Agustín Fernández Paz, Paco Lodeiro ou Belén Regueira.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
#4 Por Ikyyu 10-06-2010 09:12
Os meus parabens para quelquer organizacion que defenda a nosa cultura, sendo o Galego a principal seña de identidade, mil primaveiras mais...
Daza... o teu comentario entendo fora de lugar, vouche a contar unha historia, contan que estaba Lenin e unha persoa acordouse no mais alto... e Lenin volveuse e dixolle se crees porque xuras e si non crees por que xuras?... Entendo tamen que Anton Reixa non che comparou con Tonetti nin con Irmans Marx, pero supoño que cando a Rosa Diez dixo o que dixo, por exemplo, ti fuches un dos que mais a criticaches verdade?
#1 Por Daza 09-06-2010 18:21
Divertidísimas y originales todas las iniciativas. Lo de Galegogym no tiene desperdicio: hacer abdominales al son de la rianxeira es lo más
Entiendo que Antón Reixa las esté pasando de colores con la falta de axudas oficiáis, pero por lo menos se ve que tiene talento para hacer reir. Ni Tonetti tenía tanta gracia como este señor.









