Cómic

SuperLópez e Spirou chegan este mes ás librarías en galego


Etiquetas: cómic, BD, lengua

22/06/2010 - Galiciaé

Os afeccionados ao cómic que gostan de ler en galego as aventuras dos seus personaxes favoritos están de noraboa. A editorial Cerditos de Guinea, fincada no municipio coruñés de Oleiros, vén de anunciar que este mesmo mes SuperLópez e Spirou sairán á rúa e falarán a lingua de Galicia. Será nos álbumes SuperLópez e a Caixa de Pandora e Spirou en Nova York. A primeira BD virá con instrucións para poder descargar contidos adicionais desde o web da editora e o segunda será o primeiro álbum no que apliquen a técnica de relevo en seco na cuberta.

Así, a parodia de Superman que naceu do lápis do debuxante Juan López, Jan, será reeditada por Cerditos de Guinea tras chegar a un acordo con Ediciones B. Será o propio Jan quen deseñe a portada especial que servirá de antesala dunhas viñetas nas que SuperLópez percorre o mundo e parte do sistema solar en busca da verdadeira Caixa de Pandora para abrila... ou para deixala pechada? Os deuses mostran as debilidades humanas e fannos chegar unha mensaxe tan realista coma pesimista: nós somos os únicos culpables dos males do mundo, non unha vella lenda grega.

Un esquío falando en galego
Mentres, a historia de Spirou que se traduciu ao galego correspóndese co álbum 39 da colección Spirou e Fantasio, creada por Rob-vel no 1938 para a revista Le Journal de Spirou. O personaxe, cuxo nome vén a significar 'esquío' en belga, foi mercado pola editorial francesa Dupuis no 1943 e é un dos poucos casos nos que os dereitos non lle pertencen ao autor. Pola súa banda, Fantasio é froito da creación do debuxante Jijé e naceu un par de anos despois que Spirou, mais sería André Franquin o que convertería a serie nun produto de culto durante os 24 álbums nos que traballou, onde creou en 1952 o personaxe do Marsupilami.

Pero Franquin decidiu deixar a serie para traballar no seu outro personaxe de éxito, Tomás o gafe, polo que Spirou e o resto dos debuxos pasaron unha época de transición na que traballaron varios artistas. Ata que, a mediados dos 80, o equipo formado por Tome --aos guións-- e Janry --aos debuxos-- se fixo cargo da serie, dándolle estabilidade e éxito de vendas. Nesta época sitúase a historia que poderá lerse en galego, Spirou en Nova York, o sétimo álbum destes dous autores.

Á mafia italiana de Nova York non lle van ben as cousas. Os seus actos criminais semellan malditos, e Don Vito, 'Lucky', o Padriño, inicia un plan para invertir a súa sorte. Agocharán unha chave de ouro nunha pizza, e daranlle un millón de dólares aos afortunados que dean con ela. Spirou e Fantasio atravesan unha mala situación económica mais, mentres cean un cacho de pizza, os dentes de Fantasio dan coa chave de ouro. Informados de que para recoller o seu premio só teñen que viaxar a Nova York, a mafia pensa que o talismán para neutralizar a súa desgraza vai de camiño.

Xa na cidade norteamericana, descobren a verdadeira identidade dos seus anfitrións, e deciden voltar por onde foron sen aceptar cartos da mafia. Con tan mala sorte que Spip é secuestrado nun enfrontamento cos membros da Tríada china, os rivais da Mafia. Buscando a Spip descobren a fonte da pouca fortuna de Lucky e os seus: unha mesa co poder de influír no destino. A Spirou e Fantasio tocaralles devolver o equilibrio.

Ademais destas dúas historias que xa se atoparán este mes nos estantes das librarías, Cerditos de Guinea está a traballar tamén na publicación da segunda aventura de Os Cinco Loitadores, cuxo título orixinal é Lucha Beach Party.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



4 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#4 Por josealonso 23-06-2010 00:00

Normal

isto é un xesto que tiña que ser de normalidade pero bueno...tendo o goberno que temos.


#3 Por Nacional 22-06-2010 21:06

Normal

Todos co idioma galego, todos agás os ppopularras de Feijóo. O partido da galegofobia, a ineptitude, o despilfarro e a corrupción rampante.


#2 Por Carpio 22-06-2010 20:55

Normal

Promocionar a lingua, está ben pero non hay que descuidar a cultura xeral, que por eí anda bastante descuidada.


#1 Por Betoben 22-06-2010 15:42

Castigado

(Comentario valorado negativamente)

Pois termos que promocionar a nosa Lingua galega a traves dos concellos porque en Galicia os pepesunos a teñen proibida.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos